Para celebrar o 23 de febreiro, o día dedicado a Rosalía de Castro, no centro levamos a cabo distintas iniciativas. A continuación presentamos cada unha delas:
As cores de Rosalía:
Todo o alumnado pintou o rostro de Rosalía en cores neutros, cálidos e fríos. Con todas as achegas elaboráronse tres paneis. Aquí podedes ver o resultado:
Retratandonos con Rosalía:
Na biblioteca montamos un pequeno photocall, polo que pasaron os distintos grupos a sacarse fotos coa poeta.
Aquí podedes ver unha mostra do noso estudo fotográfico:
Programa de radio: "Os cantares de Rosalía"
Dedicamos un podcast á vida e obra de Rosalía de Castro, centrándonos especialmente naqueles poemas que tratan sobre a emigración e a dor de deixar a terra, por atoparse vinculados co noso proxecto anual "Emigrando con Fuco".
Para poder acceder ao audio só tedes que clicar.
Grafitis poéticos:
Dedicamos un dos muros do patio cuberto do recreo de Educación Infantil, á figura de Rosalía. Proximamente ensinaremos a obra rematada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario