martes, 23 de septiembre de 2014

Benvida do Mago Fuco


Ola a todos e todas! Como vedes, xa temos un blog da nosa biblioteca. Por se alguén non me coñece... son o Mago Fuco!, ese misterioso personaxe que vos acompaña sempre que visitades a biblioteca, que vos axuda a atopar os libros e está ao tanto do que máis vos gusta ler...  E non esquezades, que Rafuca, a miña axudante tamén está alerta de todo canto acontece na nosa biblioteca. A partires de agora poderedes ver todas aquelas actividades de animación á lectoescritura que se desenvolvan no centro e partipar deixando os vosos comentarios e suxerencias.
Espero que sexa do interese de toda a comunidade educativa. Espérovos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario