lunes, 4 de mayo de 2020

Aí ven o Maio!

Aí vén o maio
de frores cuberto...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo, 
pedíronme crocas 
dos meus castiñeiros.
Curros Enriquez. O Maio.

Bo día amigos, no día de hoxe queremos traervos unha superproposta.
Como xa seguro sabedes, os maios son unha celebración tradicional de Galicia, que  se celebra a primeiros de maio, ainda que nalgúns lugares exténdenas todo o mes de maio e parte de xuño, rematando o día de San Xoán. 

Esta festa celebra a chegada da primavera, por iso se fan estructuras con elementos típicos da estación en forma de árbore, como poden ser folla, flores, xetas, e froitos.

Propoñémosvos elaborar o voso propio MAIO, podedes empregar elementos da natureza como pólas, xestas ou follas, ou de reciclaxe como cartóns, tapóns ou envases, entre outros.

Mandádenos as vosas fotos ó mail da biblio pepedexanbiblio@gmail.com e publicarémola. Deixade voar a vosa creatividade!!

Aquí tedes algúns exemplos para vos inspirar:












No hay comentarios:

Publicar un comentario