martes, 12 de mayo de 2020

Primavera de Letras


Bo día amigos e amigas,

Hoxe querémosvos facer saber dun concurso que se vai a celebrar e que pensamos que vos gustaria participar.

O concurso chámase I Certame de Artes Plásticas Feiraco 2020: Primavera de Letras e está organizado por Feiraco e promocionado pola Xunta de Galicia.

Neste concurso hai dúas categorías, unha para os cativos e cativas de Infantil, e outra para os de Primaria e o que tedes que facer é unha cousa ben sinxela.

O que hai que facer é elaborar unha obra de arte que pode ser un debuxo, unha pintura, un collage, unha manualidade ou o que se vos ocorra e vós, papás e mamás, tedes que fotografalo ou escanealo para subilo á aplicación.

A temática "Primavera de Letras" consiste en que eles debuxen ou creen unha obra artística pensando o que para eles é o galego e que importancia ten. Por suposto, e como toda obra que se precie, debe ir firmada polo seu autor ou autora, e a súa idade.

E como non, os premios (elixidos por xurado) divídense en dúas categorías:
  • Premio Infantil (3 a 6 anos): unha xornada en fmailia para visitar Marcelle Natureza, un patinete, un lote de libros e outro de produtos Feiraco.
  • Premio Primaria (7 a 12 anos): unha xornada en familia para visitar Marcelle natureza, un patinete, un lote de libros e outro de produtos Feiraco.
Para máis información, podedes visitar a páxina Certame de Artes Plásticas e alí está todo moi ben explicadiño.

Por certo, unha suxerencia, podedes facer un cómic para presentarvos ó concurso, se vos gusta a idea, aqui vos deixo un enlace que colgamos na páxina do cole e que vos resultará de axuda Comic para plástica


No hay comentarios:

Publicar un comentario