jueves, 17 de marzo de 2022

SEMANA DA PRENSA

 

Durante a semana da prensa, celebrada do 7 ao 11 de marzo, o alumnado de primaria traballou con diversos xornais e revistas seleccionando artigos vinculados coa muller ou con protagonistas femininas.

Traballouse a prensa como medio de comunicación social, como instrumento de aprendizaxe e de acceso á información. Analizamos as noticias e seleccionamos artigos das diversas seccións. Tamén puidemos comprobar como algunhas  das seccións teñen máis volume de artigos centrados en  mulleres. Algúns exemplos son: a sección de deportes ou a sección de sociedade.

Doutra banda, o alumnado de infantil fixo o cartel presentación da exposición da semana da prensa, utilizando unha técnica  tipo colaxe.

Aquí tedes unha mostra dos nosos paneis e murais expositivos, comezando polo cartel presentación do grupo de Educación Infantil.











 





No hay comentarios:

Publicar un comentario