viernes, 4 de diciembre de 2015

O proxecto AS AVESPAS premiado no Concurso de Proxectos de Bibliotecas Escolares de Galicia!!

Hoxe estamos de NORABOA!!! O proxecto levado a cabo polo alumnado que cursou o ano pasado 1º e 2º de Primaria, sobre as avespas, acadou o premio do Concurso de Proxectos de Bibliotecas Escolares de Galicia na categoría de proxectos de aula ou nivel.
RESOLUCIÓN DO CONCURSO
NORABOA AOS PARTICIPANTES!! BO TRABALLO!


lunes, 30 de noviembre de 2015

25 de Novembro. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, TOLERANCIA 0

E para facer conciencia, ademais do traballado nas distintas aulas, un cartaz que faga ben visible a nosa repulsa e un contacontos sobre o tema, do que puidemos disfrutar grazas, unha vez máis, ao Concello de Santa Comba.





Tivemos a oportunidade de escoitar, entre outros, "O libro dos porcos" de Anthony Browne, que vos deixamos a continuación para que coñezades esta singular historia de que temos moito que aprender.


O libro dos porcos from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.

LECTURAS NA SALA CASTELAO. 27 de Novembro


COCORICO na Sala Castelao

Desbordante caracterización para contarnos Cocorico. Estes nenos e nenas de Traba van para actorazos ;)









19 de Novembro MIGALLAS. Pan de Millo

O xoves 19 tivemos a honra de recibir no noso centro ao grupo "Migallas Teatro" co seu espectáculo "Pan de millo". Todo un luxo do que puidemos disfrutar grazas ao concello de Santa Comba, que nolo agasallou polo noso 25 aniversario. Aquí podedes ver unhas fotos do ben que o pasamos, e os videoclips de "Pan de Millo" e "Miña abuela Manuela" para seguir gozando deles. Disfrutadeos!

lunes, 16 de noviembre de 2015

MAGOSTO

O venres festexamos o Magosto. Para iso comezamos co xa tradicional "Certame do peón", continuamos cuns xogos, nos que participou toda a comunidade educativa (mamás e papás incluídos), e rematamos disfrutando das castañas que tanto nos gustan. Ao longo desta semana, no recanto temático de lectura da biblioteca, poidemos atopar libros relacionados coa temática.













"O gatiño e o balón" na Sala Castelao

Nesta ocasión, algunhas nenas de cuarto aliáronse con algunhas de 3º para contarnos e representarnos "Gatiño e o balón". Fantásticas coma sempre, da gusto!









domingo, 8 de noviembre de 2015

NOVIDADES. NOVAS ADQUISICIÓNS!!

Neste mes fixéronse moitas novas adquisicións na biblioteca. Algúns aínda están por catalogar, pero de algúns outros xa podedes disfrutar. Estes son algúns dos libros novos que poderedes disfrutar:








ESTADE ATENT@S AO ANDEL DE NOVIDADES!!