miércoles, 28 de enero de 2015

COMEZAN AS LECTURAS NA SALA CASTELAO

POR FIN! Por cuestións de xestión na biblioteca non fomos quen de comezar antes as lecturas na Sala Castelao, pero por fin o fixemos! O venres 6 de febreiro estreamos, e está sendo unha experiencia absolutamente marabillosa ver a motivación dos nenos e nenas.
En menos de 24 horas xa están apuntados 6 grupos de nenos e nenas dispostos a ler e representar un conto para os seus compañeiros. Fantástico ver as súas caras de ilusión, comprobar como aumentou a afluencia á biblioteca (incluso das caras menos coñecidas pola nosa casa dos libros), como se poñen de acordo para elexir o conto, como comezan a planificar a súa actuación, o ansiosos que se mostran por comezar os ensaios. FANTÁSTICO!
Xa vos contaremos que libros van a representar e as datas, xa que estades tod@s convidad@s ás representacións.