jueves, 16 de abril de 2015

21 de MARZO - DÍA MUNDIAL DA POESÍA. XARDÍN POÉTICO PEPE DE XAN BAÑA

O día 21 de marzo celebrouse o día Mundial da Poesía, e con este motivo decidimos facer unha instalación artística en torno á mesma. A idea consistiu en facer un xardín poético co que a natureza e os peques puidesen interactuar sempre que así o desexasen. 
Cada membro do cole (alumnado e profesorado) debía escoller unha poesía coa que se sentise emocionalmente conectado. Escribímolas nuns tarxetóns que decoramos e colgámolas da árbore máis grande do cole. Daba gusto ver aos peques buscando poesía na biblioteca!
Debido ao mal tempo, agardamos polo sol para inauguralo. Ese día lemos un manifesto e todos os que quixeron saíron a ler unha poesía para os que alí estabamos. Foi un acto precioso, moi participativo e emocionante. Especialmente o momento no que algúns dos maiores colleron aos pequenos por iniciativa propia para axudalos a participar.
Deixámosvos un vídeo para que poidades compartir con nós a beleza do noso "Xardín Poético Pepe de Xan Baña", que por certo tamén foi poeta ;)



CONTACONTOS NA SALA CASTELAO. VENRES 19 de MARZO


CONTACONTOS NA SALA CASTELAO. VENRES 13 de MARZO