domingo, 25 de septiembre de 2016

NOVO EQUIPO DE COLABORADORAS!! Queredes coñecelas?

Este ano estreamos un novo equipo de colaboradoras que comezan con gran ilusión. Levan xa todo o mes de setembro axudando a poñer orde na biblioteca e a deixala perfecta para a súa apertura.
Preséntovolas! Son Noelia, Carla, Natalia, Lucía, Alejandra e Claudia de 5º, e Noelia, Rebeca, Soraya e Noa de 4º. Elas, ademais de colaborar co coidado, dinamización e mantemento da orde na biblio, están aí para axudarvos. Podedes pedirlles que vos recomenden algunha lectura ou @s máis peques, que vos lean un conto. Son xeniais!



martes, 20 de septiembre de 2016

Recollemos as patacas

O ano pasado plantamos patacas na horta dun xeito diferente, xa que o fixemos sen sachar. E foi como maxia, hoxe fomos a recollelas e non podemos queixarnos da colleita. Mirade!




lunes, 19 de septiembre de 2016

POÑEMOS ORDE NA BIBLIOTECA

Este ano estamos tardando un pouco máis coa apertura, pero porque queremos que cando se abra esté perfecta. Decidimos darlle unha volta á orde da mesma. Foi moito traballo, pero sentímonos moi satisfeit@s!


pepedexanbiblio pepedexanbiblio de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

lunes, 12 de septiembre de 2016

BENVIDA AO NOVO CURSO!! Obradoiros vexetais internivel

Comeza o novo curso e como sempre dámoslle unha agarimosa benvida. Para iso, ademais duns xogos, estivemos participando en distintos obradoiros vexetais internivel. Cómo nos gusta aos peques estar cos grandes e á inversa!
Os obradoiros elexidos foron 4:
- medallóns vexetais
- calcado de follas para creación de fondos
- estampado de follas para a elaboración dunha gran árbore mural
- obradoiro olfativo de distintas plantas
Foi todo moi entretido e pasamos un gran tempo xuntos.


obradoiros de inicio de curso by Slidely Photo Gallery