miércoles, 28 de febrero de 2018

1ª Proba da nosa radio!!! CONTO: "A viaxe das bolboretas". Nenos e nenas de 1º Ed. Primaria

Aquí temos a primeira proba!!


Un audioconto de OQO, "A viaxe das bolboretas". Este conto foi gravado polas nenas e nenos de 1º de Ed. Primaria despois de moito ensaio!! Agardamos que o disfrutedes ;)

martes, 27 de febrero de 2018

Semana do leite en Santa Comba. Visitamos a SAT "Os Agros"

Pois si, no marco da Semana do leite en Santa Comba fomos convidados a visitar a Sociedade Agraria de Transformación "Os Agros". Unha visita que nos encantou e que serviu para poñer en valor as principais actividades económicas da comarca: agricultura e gandeiría.

Deixámosvos un vídeo da visita 😉


domingo, 25 de febrero de 2018

#AbrideAFiestra. Homenaxe a Rosalía

Chegou o 24 de febreiro, esa data na que sempre nos lembramos de Rosalía dun xeito especial.

Este ano, seguindo o hashtag #AbrideAFiestra, a proposta da AELG, e baixo a batuta da profe Andrea, abrimos a nosa propia fiestra para berrarlle ao mundo que amamos a nosa lingua, como a amaba Rosalía. Aquí tedes o fermoso vídeo:


Ademais, en algunha clase os nenos e nenas de infantil leron o poema "Lúa descolorida", xa que están no proxecto do espazo, un poema sobre este astro estaba moi conectado cos seus intereses neste momento. Despois crearon as súas propias lúas coloridas para alegrar á lúa, xa que consideraron que estaba triste por ser descolorida, e colocáronas nas fiestras.


Na clase de primeiro tamén lembraron a Rosalía. Convertírona nunha icona pop, decorándoa libremente, e rescataron fermosas e entrañables palabras dos seus poemas. Con todo iso crearon unha obra colectiva que quedou exposta no corredor para que tod@s poidan disfrutar dela.



VIVA ROSALÍA e a NOSA LINGUA!!

jueves, 22 de febrero de 2018

RADIO FUCO!! Xa temos nome e logo!!

Despois dun duro certame cunha ampla participación... por fin temos o nome da radio e o logo!!!


Chamarase RADIO FUCO, nome proposto por Noa de Infantil e Claudia de 6º.



O logo corre a cargo de Xabi tamén de infantil, que conseguiu aunar as ideas cole e radio nun divertido debuxo que ademais para o xurado representa a colaboración, a amizade e a alegría de traballar na radio!

Aquí o tedes ;)



Aquí podedes ver a@s creador@s destes elementos que quedarán para a posteridade!


O logo decidimos vectorizalo porque facilitará o seu uso para distintos formatos e tamaños, e ademais engadímoslle o nome, polo que finalmente queda así de chulo!!



Quedaron expostas todas as propostas no corredor da biblio.


Podedes pasarvos a velas, e moitas gracias a tod@s pola vosa participación 💙.

Impresión 3D: xogo de equilibrio

Coa impresora 3D non sempre sae todo como nos gustaría, pero o importante é analizar onde estivo o erro para aprender e avanzar. Neste caso, a cama (que é o lugar onde sobre o que se imprime) non estaba ben equilibrada e aínda que parece que foi unha desfeita...



Ao final conseguimos sacar ben unhas cantas pezas e salvar o xogo de equilibrios que estabamos a imprimir, e que conseguiu espertar gran expectación entre o alumnado 😅




Aquí temos a Olaia que consiguiu o record máximo de pezas colocadas!! Non é nada fácil, ata ese momento so se conseguiran colocar 3 pezas!

miércoles, 21 de febrero de 2018

Pezas dun novo ESCORNABOT impresas

Na segunda formación sobre a impresora 3D, a cargo da Asesoría de Bibliotecas Escolares, fomos obsequiad@s coas pezas electrónicas dun ESCORNABOT coa finalidade de imprimir nós as plásticas na nosa impresora para dar forma a un novo robot.

E así o fixemos!! Neste caso ademais foi o alumnado o que puxo a andar a impresora!!



Unha vez impresas pasamos todo o cole pola impresora e cun ESCORNABOT na man fomos intentando ubicar as distintas pezas. 





Agora xa temos todas as pezas impresas e ademais aproveitamos para facer rodas de reposto, que é a peza que máis problemas nos da nos escornabots e que máis temos que cambiar.



Xa so nos queda montar o novo ESCORNABOT!!



jueves, 1 de febrero de 2018

Terceiro Reto STEAM: O sistema de flotación para o noso boneco favorito

O pasado xoves todos os alumnos/as e profes acudimos a Sala Castelao para a resolución do terceiro dos retos STEAM. Este consistía en crear un sistema de flotación para que o noso bonec@ favorito puidese flotar  nun caldeiro de auga.

Aquí tedes a lista dos inventores deste mes!


Deixámosvos un vídeo cos sistemas que chegaron explicados pol@s propi@s inventor@s!!


Queremos dar moitas gracias a tod@s os participantes e sobre todo aqueles que mes a mes vos esforzades en facelos!

Apertas para tod@s!