Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, dedicado ao poeta valdeorres Florencio Manuel Delgado Gurriarán, ambientamos a nosa entrada da biblioteca con dous paneis referenciados ao poeta e unha selección da súa vida e obra, ambos acompañados dunha colección de libros dedicados aos homenaxeados no Día das Letras Galegas.
Tamén participamos no concurso de relatos, que celebra o Concello de Santa Comba todos os anos, coincidindo coas Letras Galegas. A continuación faise constar ao alumnado seleccionado e premiado:
Proximamente os participantes e os seleccionados recibirán os seus diplomas e os seus premios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario