lunes, 30 de enero de 2017

DÍA DA PAZ. Celebrámolo plantando unha oliveira e recitando poesía

O olivo é a árbore que simboliza a paz, por iso nos pareceu unha boa idea plantar un no noso patio, e que mellor día que o propio día da Paz. Para festexalo e que creza contento e con forza, despois de plantamos recitámoslle poesía todo o cole. Quedou un acto ben fermoso.




viernes, 27 de enero de 2017

Contacontos para a paz. A bruxa discordia!

Esta semana eleximos para os contacontos da Sala Castelao unha bruxiña que comezou facendo o mal ata que se percatou de que era moito mellor facer outras cousas.
Coma sempre estes peques demostraron o inmenso talento que levan dentro.









miércoles, 25 de enero de 2017

Visítanos o avó de Antía para axudarnos coa poda e contarnos sobre os enxertos

Hoxe tivemos con nós ao avó de Antía. Estívonos explicando que é preciso podar nos meses de inverno, cando a sabia das árbores ten menos actividade. É tamén esta a época de enxertar, que é unir unha pola de outra árbore a unha árbore que xa temos pero que non da os froitos que nos gustaría que dese. A partir desa unión dende o enxerto, a planta convírtese na da variedade enxertada. Parece un trabalinguas, pero o avó de Antía ensinounos como se facía e quedounos moi claro.
Despois saímos a ver como estaban as árbores de patio, e con pena descubrimos que moitos froitais están estropeados polo fío da desbrozadora. Así que xa sabedes, cortade a herba con tino!





martes, 24 de enero de 2017

Plantamos allos e ceboletas

Seguimos coa horta e nesta ocasión tocoulle aos allos e as cebolas. Para plantar os allos separamos cada un dos seus dentes dos que crecerá unha nova pranta cun allo con todos os seus respectivos dentes. Por certo, Tina comentounos, nesta ocasión, que debemos enterrar a semente nun burato que teña o dobre de fondo que o tamaño da mesma. Canto aprendemos!




miércoles, 18 de enero de 2017

Visita á Domus e ao acuario da Coruña

Hoxe fomos de visita á Domus e ao acuario da Coruña. Eses museos científicos que nos gustan tanto e nos que aprendemos moitísicmo.


martes, 17 de enero de 2017

Montamos o moble do RECANTO MAKER

Se queremos ser MAKERS temos que poñernos xa mans á obra, así que comezamos por montar o moble que nos trouxo o Rei ApalpaNoel para o recanto.






viernes, 13 de enero de 2017

Tu y yo, unha historia familiar na Sala Castelao

Como é iso de ter un irmanciño? En Tu y yo dannos algunhas pistas do fantástico que é recibir esa compañía. Unha historia que nos traen as pequenas contadoras de contos do Pepe de Xan Baña. Bravo!






lunes, 9 de enero de 2017

Chega o Rei ApalpaNoel á biblio! O RECANTO MAKER!

Cargadiño chegou o Rei ApalpaNoel este ano ao cole. Alguén lle dixo que queriamos montar un RECANTO MAKER!
Estamos contentísimos!