O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria está levando a cabo o deseño da escenografía para as personaxes que crearon a partir do conto "É tempo de Entroido". Para iso contaron co estupendo asesoramento de Patricia Gestoso, que a maiores de axudarnos a montar o taller creativo, tamén asesorou aos nosos nenos e nenas de como deseñar unha axeitada escenografía.
Este blog xurde do desexo, por parte do equipo de biblioteca do CEIP PLURILINGÜE PEPE DE XAN BAÑA, de dar a coñecer as actividades que se levan a cabo no centro en torno á biblioteca escolar e en colaboración co resto dos equipos. É un lugar de encontro entre toda a comunidade educativa, no que agardamos as vosas opinións e propostas para a mellora das dinámicas do centro. Benvid@s e agardamos que o disfrutedes!
miércoles, 28 de mayo de 2025
martes, 27 de mayo de 2025
TALLER DE BIBLIOTECAS CREATIVAS
lunes, 19 de mayo de 2025
AS LETRAS GALEGAS 2025
Neste 2025 o día das Letras Galegas estivo adicado as pandeireteiras e cantareiras galegas que nos acompañaron e acompañan nas foliadas, seráns e festas da nosa terra.
Desde o colexio quixemos facer unha pequena homenaxe a tódalas cantareiras galegas pero tamén ás de Santa Comba, en especial a María Mourelle que nos acompañou neste día tan sinalado. Foi unha grande honra contar con ela e poder escoitar a súa música e cantiga popular, sen esquecernos das nosas pequenas pandeireteiras que nos deleitaron cunhas fermosas pandeiretadas.
Feliz día das Letras Galegas 2025!
miércoles, 14 de mayo de 2025
1ª FASE : DÁNDOLLE VIDA ÁS NOSAS PERSONAXES - BIBLIOTECAS CREATIVAS
miércoles, 7 de mayo de 2025
ENTREVISTA A FELISA SEGADE - LETRAS GALEGAS 2025
Co motivo da conmemoración do día das Letras Galegas 2025, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria emitiron un podcast desde Radio Fuco entrevistando a Felisa Segade vocalista e pandeireteira do grupo Leilía ademais de Medalla Castelao 2024.