jueves, 27 de noviembre de 2014

20 de novembro. DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

20 de novembro de 2014
O 20 de novembro de 1959!! as Nacións Unidas aprobou a Declaración de los Derechos del Niño. Hoxe, 55 anos despois, seguen a vulnerarse en moitos países do mundo. Neste cole, disconformes con esta situación, pedímoslle ao vento que se levase todas as malas situacións polas que atravesan os nenos e nenas do mundo, e atamos cunha corda o que queremos conseguir para todos eles.




Para eso, acompañamos o noso acto dun fermoso poema:

 http://www.enredate.org/docs/doc54577eb8e51fb.pdf 
Ademais, como broche final, cantamos esta marchosa canción dos Lunnies con todas as nosas forzas


 

lunes, 17 de noviembre de 2014

QUINCENA FUCOMATEMÁXICA. RETO 1

QUINCENA FUCOMATEMÁXICA. PRESENTACIÓN

O venres comezaba de novo así, pero nesta ocasión o cartaz estaba acompañado dunha maleta:


As 16:05 comparecemos tod@s puntuais na Sala Castelao e alí estaba de novo a maleta.


Abrímola, descubrimos que viña chea de libros de matemáticas: "A guerra dos números", "As mulleres matemáticas", "¡Alucina con las mates!", "Cuenta ratones", "Historia del uno"...
A partir de aquí comezamos unha conversa sobre as matemáticas e os lugares onde podiamos atopalas


Visionamos o vídeo "Donald en el país de la matemágicas", onde nos demos conta de que están presentes en moitas máis cousas das que imaxinabamos



A tarde rematou cun par de trucos de maxia e a entrega a cada clase da explicación dos mesmos e dunha baralla para practicar.





COMEZA A QUINCENA FUCOMATEMÁXICA!

Estamos en novembro, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS!!

Este ano, ademais, o tema das bibliotecas escolares é:
BIBLIOTECAS ESCOLARES... MATEMÁTICO!!! así o reflexa o cartaz ideado por David Pintor.
Ocórresevos algunha ciencia máis importante que as matemáticas?? Están detrás da maioría dos descubrimentos científicos. Sabiades de feito que as matemáticas reciben o nome de ciencias exactas?

Por este motivo e dado que a nosa mascota Fuco é un mago e sabe ben a cantidade de matemáticas que hai encerradas na maxia, o venres comezou a quincena FUCOMATEMÁXICA. Unha quincena que pretende acercar as matemáticas aos nenos e nenas dun xeito lúdico e divertido.

Moitas serán as actividades a levar a cabo:
  • Unha exposición matemática dos materiais en préstamo da maleta viaxeira "MATEMÁTICAS" que     Bibliotecas Escolares dende a Consellería de Educación puxo á nosa disposición, xogos matemáticos e outros recunchos que vos contaremos en vindeiras ocacións.
  • Retos matemáticos diarios propostos dende a biblioteca e cun especial sorteo ao remate da quincena entre tod@s os participantes.
  • Lecturas matemáticas na hora de ler
  • E a visita do mago, ilusionista, malabarista Roi "O Cagabolas" o día 21. 

AGARDAMOS QUE SEXA MOI DIVERTIDA E MATEMÁXICA!

INTERCAMBIO DE TARXETAS. PARTEN AS NOSAS!

Este ano, enmarcado no proxecto de centro "A volta ao mundo II", apuntámonos a unha iniciativa promovida pola plataforma de aprendizaxe iEARN de latinoamérica, que pon en contacto a varios centros de todo o mundo para o intercambio de tarxetas.
Hoxe saen as nosas rumbo a destinos tan lonxanos como Arxentina, Puerto Rico, ou en Estados Unidos, Miami, Long Beach ou California. Estamos moi ilusionad@s ante a idea de que as nosas tarxetas vaian a cruzar o oceano Atlántico.
Ademais en breve, comezaremos a recibir as felicitacións de aninovo de todos eses países. Vai ser xenial!


viernes, 14 de noviembre de 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS. XA EN MARCHA!

A semana pasada comezaron a viaxar de casa en casa as mochilas viaxeiras, cargadas de libros, revistas e DVDs para o seu disfrute en familia. Levan ademais un caderno destinado á recollida de xogos populares que disfrutaron os pais e nais, e os avós e avoas dos nenos e nenas do cole.


SAMAÍN 2014! QUE MEDO...

Video das actividades levadas a cabo no cole polo Samaín
Agardamos que vos guste!

Ademais, @s compañeir@s de 6º de Primaria presentáronnos como se celebran estas datas en outras partes do mundo. Mirade!!!

EN CHINA



EN MÉXICO


EN NIGERIA

viernes, 24 de octubre de 2014

viernes, 17 de octubre de 2014

NEW YORK, por Devanis

Este ano, o auxiliar de conversa do cole chámase Devanis e é procedente de New York (Estados Unidos).
Hoxe quixo falarnos un pouco del, das súas aficións e do lugar onde vive. Nós encantados, convidámolo a que o fixera na Sala Castelao, ese lugar tan especial da nosa biblio.


Contounos moitas cousas, sobre él e sobre a cidade. Aprendemos que hai un parque enorme chamado Central Park, e unha illa que é casi unha cidade, Manhattan. Tamén que celebran coma nós o Aninovo, pero que teñen outras celebracións, como Acción de Gracias, que non compartimos.

Un dos momentos que máis nos impactou foi cando nos falou da Estatua da Liberdade, tan coñecida para nós despois do proxecto do ano pasado. Vería Fuco a Devanis cando estivo por New York?


Aínda que a algúns costounos un pouco entendelo, porque a súa lingua nativa é o inglés e foi a que empregou para a presentación, puxemos toda a nosa atención.

Só nos resta dicir...
WELCOME TO OUR SCHOOL, DEVA!!

martes, 14 de octubre de 2014

Unha porta de acceso á musica galega


Galician Tunes é unha web a través da que se difunde a música galega. O seu catálogo, que tamén dá acceso a 410 vídeos musicais e a información sobre 325 discos, permanece aberto á incorporación de novas bandas, artistas, empresas e festivais galegos. 
Deixámosvos con un dese videos musicais, neste caso de Mama Cabra, aos que podedes ter acceso dende a páxina.




lunes, 13 de octubre de 2014

Novidades musicais

A partir de hoxe a biblioteca conta con cinco novas adquisicións 
que se poderán disfrutar con todos os sentidos! 





Agardamos que sexan todas elas do voso agrado!!

Celebración do cumpreanos de Mafalda


O día 29 de setembro cumpriase o 50 aniversario da primeira aparición de Mafalda en público e nós quixemos celebralo dun xeito especial, así que comezamos por cantarlle o cumpreanos feliz, e ela agradecida convidounos a un pouco de chocolate de postre no comedor.


A raíz desta efemérides temos unha nova adquisición na biblioteca: 
A COLECCIÓN COMPLETA DAS TIRAS DE MAFALDA EN 11 VOLUMES!! 
De momento forma parte dunha das exposicións 
que fixemos sobre Mafalda. 


Os nenos e nenas puxeron a proba a súa creatividade e refixeron algunha das famosas tiras de Quino. E a verdade é que o fixeron xenial!


Dende a biblio de Fuco quedámonos con esta que quixemos recoller no 
taboleiro de anuncios da nosa biblioteca

Nós cremos que en efecto sería moi fermoso. 
Sen máis, despedímonos ata a próxima!!