Este ano, ademais, o tema das bibliotecas escolares é:
BIBLIOTECAS ESCOLARES... MATEMÁTICO!!! así o reflexa o cartaz ideado por David Pintor.
Ocórresevos algunha ciencia máis importante que as matemáticas?? Están detrás da maioría dos descubrimentos científicos. Sabiades de feito que as matemáticas reciben o nome de ciencias exactas?
Por este motivo e dado que a nosa mascota Fuco é un mago e sabe ben a cantidade de matemáticas que hai encerradas na maxia, o venres comezou a quincena FUCOMATEMÁXICA. Unha quincena que pretende acercar as matemáticas aos nenos e nenas dun xeito lúdico e divertido.
Moitas serán as actividades a levar a cabo:
- Unha exposición matemática dos materiais en préstamo da maleta viaxeira "MATEMÁTICAS" que Bibliotecas Escolares dende a Consellería de Educación puxo á nosa disposición, xogos matemáticos e outros recunchos que vos contaremos en vindeiras ocacións.
- Retos matemáticos diarios propostos dende a biblioteca e cun especial sorteo ao remate da quincena entre tod@s os participantes.
- Lecturas matemáticas na hora de ler
- E a visita do mago, ilusionista, malabarista Roi "O Cagabolas" o día 21.
AGARDAMOS QUE SEXA MOI DIVERTIDA E MATEMÁXICA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario