miércoles, 30 de noviembre de 2016

ESCORNABOTS. As colaboradoras montan os que faltaban

Nese proceso de montaxe do recanto MAKER, e dentro do proxecto ESCORNABOTS, de Bibliotecas Escolares de Galicia, do que formamos parte, quedaban por montar dous escornabots cos que se estiveron "pelexando" as colaboradoras da biblio. Que ben o fixeron! Van para enxeñeiras!!








Guía de creación de códigos QR con contidos asociados

Como sabedes, estivemos a asociar contidos a algúns fondos do noso centro a través de códigos QR. Hoxe deixámosvos unha pequena guía de como crear os códigos, por si vos interesa.

Podedes descargar a guía AQUÍ

martes, 29 de noviembre de 2016

A LUPA BINOCULAR!!

Adquirimos no cole unha lupa binocular. A lupa binocular é un instrumento que permite ver a realidade moi aumentada en tres dimensións e sen necesidade de preparar as mostras de un xeito especial, xa que non precisan que a luz as atravese, senón que reciben a luz dende arriba.
Estivemos probándoa e foi xenial!





lunes, 28 de noviembre de 2016

"ROEDORES" teatro en Santa Comba pola igualdade

Hoxe seguimos coas actividades para reivindicar o día contra a violencia machista e a igualdade ante esta barbarie. O concello convidounos a ver unha obra de teatro que nos encantou e que nos aportou moitos detalles sobre os que reflexionar.






Ademais regaláronnos o libro no que está baseada a obra de teatro para a nosa biblioteca. Moitas grazas!



Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O venres pasado tivemos un contacontos especial. Si, dixen ben CON-TA- CON-TOS . Xa se disfrutaron de varios, porque ... sabedes? A nós o alumnado deste centro gústanos as representacións  e ler moito. O do venres foi especial . Contouse o de Rosa Caramelo para todos os nosos compañeiros e profes. Estivo xenial.





viernes, 18 de noviembre de 2016

Problemas na sala Castelao?

Chegou o día, venres, hoxe día especial novamente. A Sala Castelao vístese de gala coa lectura e representación dun novo conto : Un problema grande. Que ben o fan estes rapaciños do noso centro!







jueves, 17 de noviembre de 2016

Avaliamos a morfoloxía das follas e a súa simetría

Estes días de outono estivemos recollendo follas e aproveitamos para aprender que se poden clasificar segundo a súa forma, marxe ou venación. Tamén estivemos vendo que a marioría son simétricas e aproveitamos para traballar sobre ese concepto.




miércoles, 16 de noviembre de 2016

LAND-ART de outono

Que xornada tan fantástica tivemos. Hoxe saímos do cole a un camiño cercano no que cada clase do cole fixo o seu LAND-ART de outono.
O Land Art é unha corrente de arte contemporánea que emprega os materias que se atopan na natureza no seu propio contexto. As obras quedan no exterior, expostas á erosión ou ás modificacións que nelas fagan os propios cambios atmosféricos, quedando delas, en ocasións, só o recordo fotográfico.
Estas son as marabillas que creamos ;)





viernes, 4 de noviembre de 2016

Sala Castelao preparada para os contacontos

Un venres máis, temos a sorte de que otro grupo, nos deleite cun contacontos. Este é un grupo numeroso, que escenifican e contan outro conto dos nosos amigos Os Bolechas.




jueves, 3 de noviembre de 2016

Facemos un banco de sementes

Comezamos a recoller sementes que tiñamos pola casa e fixemos un banco con elas. É moi interesante velas todas xuntas, as súas formas e os seus tamaños.