Que xornada tan fantástica tivemos. Hoxe saímos do cole a un camiño cercano no que cada clase do cole fixo o seu LAND-ART de outono.
O Land Art é unha corrente de arte contemporánea que emprega os materias
que se atopan na natureza no seu propio contexto. As obras quedan no
exterior, expostas á erosión ou ás modificacións que nelas fagan os
propios cambios atmosféricos, quedando delas, en ocasións, só o recordo
fotográfico.
Estas son as marabillas que creamos ;)
Este blog xurde do desexo, por parte do equipo de biblioteca do CEIP PLURILINGÜE PEPE DE XAN BAÑA, de dar a coñecer as actividades que se levan a cabo no centro en torno á biblioteca escolar e en colaboración co resto dos equipos. É un lugar de encontro entre toda a comunidade educativa, no que agardamos as vosas opinións e propostas para a mellora das dinámicas do centro. Benvid@s e agardamos que o disfrutedes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario