miércoles, 21 de marzo de 2018

21 de marzo, Día da Poesía

Este ano decidimos celebrar este día tan especial coñecendo a dous poetas e dúas poetisas contemporaneas. Persoas que escriben poesía hoxe en día en galego.

As poetisas homenaxeadas foron María Lado e Rosalía Morlán, e os poetas Xosé Luna e Fran Alonso.

Fixemos unha exposición e un acto no que as nenas e nenos que quixeron leron poesía, compartindo os versos e as palabras co resto de compañeiros e compañeiras do cole. Abriu o acto a nosa poetisa particular, Andrea Porto, a nosa profe de música, que lles contou que a poesía é para todos e todas e que é como se fixésemos música coas palabras. Un acto moi fermoso do que vos deixamos un vídeo. Agardamos que o disfrutedes!



lunes, 19 de marzo de 2018

Lectura e construción de robots

Unha das vantaxes do recanto Maker é que nos posibilita levar á acción o que aprendemos nos libros. Posibilita a función social de determinados textos cos que contamos na biblioteca.

Neste caso, algunhas nenas de 4º e 5º, Olaya, Rebeca, Amanda e Valeria, estiveron a voltas cun libro de instruccións para a construción de robots animados. Foi unha actividade moi satisfactoria para elas na que estiveron lendo, poñendo en marcha procesos de comprensión lectora e levando á práctica o lido.



Víchedes que chulos? Pois están a disposición de tod@ @ que queira argallar con eles no Recanto Maker, na biblioteca  🤖

martes, 13 de marzo de 2018

Primeiras probas para a sintonía oficial de Radio Fuco!!!

As nenas de nenos de 6º están traballando coa profe Andrea en música para a creación da sintonía oficial de Radio Fuco. De momento estiveron experimentando coas primeiras probas, aínda que xa se escoitan cousas ben xeitosas! 💞


domingo, 11 de marzo de 2018

Preparando programas para a radio!!

O alumnado de 4º e 5º estiveron traballando esta semana en dous programas para a radio. Un sobre dinamización da lectura na que recolleran opinións sobre os distintos libros que están a ler as nenas e nenos do cole, e outro trátase dun coloquio científico! Nada máis e nada menos ;)

Estiveron traballando sobre o título deses programas e sobre o contido as entrevistas que podían facerlle a@s convidad@s ao programa. 




Despois baixaron á radio a facer as primeiras probas para comprobar si funciona todo o que estiveron preparando. 





Que nervios!! En breve os primeiros podcast na rede á vosa disposición ;)

viernes, 9 de marzo de 2018

8M - Día Internacional da Muller

En primeiro lugar, neste marco, debemos felicitarnos pola histórica xornada vivida! Para celebrar este día no centro e reivindicar igualdade de dereitos, liberdade e respecto para todas as mulleres levamos a cabo un acto-charla no que comentamos diversos aspectos e inauguramos a posta en marcha de dinámicas para visibilizar o papel da muller o 8 de marzo e o resto de días do ano.

Mulleres que foron increíblemente denostadas ao longo da historia. Como exemplo falamos de Mary Anning, nai da paleontoloxía, nacida en 1799. e que foi a primeira que descubriu un gran fósil de dinosauro e que postulou teorías sobre a extinción das especies. A pesar deses grandes descubrimentos non foi ata moitos anos despois que se lle recoñeceron a autoría dos mesmos, xa que naquela época as mulleres non podían ler nin escribir libros e moito menos publicar, impedindo a difusión das súas investigacións. 

Falamos tamén do feminismo, clarificando que non é a idea contraria ao machismo, senón a que busca a igualdade entre homes e mulleres a todos os niveis. 

E para que todos os termos relacionados poidan clarificarse, e moitas das mulleres denostadas ao longo da historia poidan ser en parte compensadas, inauguramos na nosa biblio unha nova sección!!
A SECCIÓN DAS "MULLERES VALEROSAS", que incluirá contos en prol da igualdade, libros de información sobre o tema e un montón de preciosos libros de biografías de un montón de mulleres valerosas olvidadas en moitos libros tradicionais.


Ademais, para que eses libros viaxen dun xeito especial ás casas, inauguramos tamén a posta en marcha da bolsa viaxeira das "mulleres valerosas".


Ademais, as nenas e nenos de 6º fixeron uns cartaces con frases feministas coas que reivindicamos a igualdade. Deixámosvos un vídeo para crear conciencia.


miércoles, 7 de marzo de 2018

Probas marcapáginas Fuco 3D

Estamos facendo probas para elaborar un marcapáxinas do Mago Fuco en 3D. A filosofía maker basease na idea de levar á realidade as nosas ideas, probando, avaliando esas probas e mellorándoas ata acadar resultados satisfactorios. E nesas andamos cos nosos marcapáxinas. 

Para a idea estivemos buscando en Thingiverse e atopamos marcapáxinas con este sistema, que nos pareceu o máis fácil de implementar co noso Fuco 3D, e o máis seguro para que non caia dos libros. 


Como podedes observar tivemos problemas no primeiro intento. Despois da avaliar a situación chegamos á conclusión de que estaba mal nivelada a base. A segunda proba foi mellor, pero observamos que igual é fráxil de mais, así que decidimos darlle algo máis de tamaño e de grosor á pinza.


Con este novo axuste imprimimos esta tandada. Xa estamos encamiñados, pero como podedes observar, a algúns fáltalles unha man. Quedaron febles de máis... Así que tocan novos axustes ;)


O IMPORTANTE É NON DESISTIR, PORQUE CEDO OU TARDE CONSEGUIRÉMOLO!! E mirade que chulos van quedar despois nos libros que esteamos a ler 💙.

GuardarGuardar

lunes, 5 de marzo de 2018

Orientación espacial e iniciación á programación cos ESCORNABOTS

Orientación espacial e iniciación á programación cos ESCORNABOTS. As nenas e nenos de primeiro baixaron á biblioteca a xogar cos escornabots. Tremenda abstracción as segundas e terceiras curva. Na primeira aínda temos claro para onde temos que virar, pero a partir de aí non é nada fácil! 😱




E estamos tan ansios@s por participar, que a agarda polo noso próximo turno é todo un exercicio de contención 😅

jueves, 1 de marzo de 2018

Cuarto Reto STEAM: torre de palillos e plastilina o máis alta posible

O pasado martes todos os alumnos/as e profes acudimos a Sala Castelao para a resolución do cuarto dos retos STEAM. Este consistía en construír unha torre con palillos e plastilina o máis alta e resistente posible

Aquí tedes a lista dos inventores deste mes!


Deixámosvos un vídeo coas torres que chegaron explicados pol@s propi@s inventor@s!!



Queremos dar moitas gracias a tod@s os participantes e sobre todo aqueles que mes a mes vos esforzades en facelos!



Apertas para tod@s!