lunes, 30 de marzo de 2020

Lectura, enriquecedora da mente!

Queridas familias, ademais da publicación anterior, onde se vos ofrecen diversas lecturas, non queremos deixar escapar a oportunidade de poñer á vosa disposición o Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia no que poderedes atopar obras escritas e películas en galego para o seu uso e desfrute e, así, ocupar un pouco máis o tempo. 

A continuación deixamos os enlaces para ambos os catálogos e que así vos sexa máis doado chegar a eles: 


#yomequedoencasaleyendo

Boa tarde familias, afrontamos esta terceira semana de confinamento con máis propostas para enredar o tempo un pouquiño máis.

Deste xeito, dende a editorial Pintar Pintar poñen á nosa disposición un catálogo de lecturas seleccionadas para todos os cursos para distraernos un pouco do mundo real mediante a lectura que nos evade a mundos fantásticos e imaxinarios nos que podemos ser libres.

Pinchando no seguinte enlace, poderedes acceder a dita selección de obras: 

viernes, 27 de marzo de 2020

Cirque du Soleil, para todos e todas!

Queridos lectores, o Cirque du Soleil, no seu intento por aportar o seu gran de area, acheganos o seu espectáculo ás nosas pantallas nunha producción de aproximadamente unha hora para que pequenos e maiores desfrutedes xuntos nos vosos sofás, como se estiverades en primeira fila neste fascinante show.

O shoe ten como hora de comece as 20h, en horario nacional.

Na páxina El Mundo Metropoli podedes atopar máis información sobre o espectáculo. Con todo e para facilitarvos o traballo, a continuación deixámosvos o enlace directo á plataforma na que será colgado o vídeo do espectáculo: CirqueConnect

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

Coa conmemoración no día de hoxe do Día Internacional do Teatro, querémosvos ofrecer unha representación da obra A galiña azul de Carlos Casares para que poidades pasar un anaco algo máis entretidos. No seguinte enlace poderedes acceder ó video directamente:


Cuentos para quedarse en casa

Boa tarde lectores,
no día de hoxe querémosvos propoñer un conxunto de lecturas tituladas Cuentos para quedarse en casa de Eloy Moreno. 

Este autor pon á nosa disposición unha serie de lecturas gratuítas para estes días de encerro que poden ser descargadas en Kindle Amazon ou na páxina web do autor www.eloymoreno.com

De todas formas, aquí vos deixamos o enlace directo para que vos sexa máis doado atopalo:


martes, 24 de marzo de 2020

Conto Coronavirus #QuedaNaCasa

Bo día queridos lectores, no día de hoxe queremos deixarvos un breve recordatorio en forma de conto dalgunhas pautas a seguir para todos xuntos vencer o coronavirus.


E lembrade, #QuedaNaCasa

lunes, 23 de marzo de 2020

Rosa contra el virus!

Finalmente, por hoxe aportamos un conto sobre o coronavirus para subir un pouco os ánimos nestes días encerrados na casiña.

https://es.calameo.com/read/0061864355b03a8045f03

MMMMMMM... ioga!

Boas, outra das nosas propostas é a de poñernos en sintonía con nós mesmos, relaxarnos con boa música e estirar os músculos e ósos dos nosos corpiños, parados e medio durmidos de non poder saír pasear. Deixámosvos este regaliño para que comecedes a vosa andaina no mundo do ioga!


Expresémos os nosos sentimentos...

Boa tarde benqueridos lectores. No día de hoxe propoñémosvos reflexionar un pouquiño e expresar os vosos sentimentos, algo moi importante neste tempo de encerro pola nosa saúde psicolóxica. Para isto, tomamos como referencia un post do instagram de @teach.gram que nos anima dandonos unhas pautas.

A nosa proposta é que fagades a vosa propia plantilla, en galego ou en castelán, e respondades a este post cunha foto de cada unha que creedes.

Podedes atopar a publicación no seguinte enlace: https://www.instagram.com/p/B-C9QpACYYW/?igshid=1pct8p17avs7z

viernes, 20 de marzo de 2020

Un poema na túa voz.

Dende a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil GALIX, e en relación coa celebración do Día Internacional do Libro Infantil, presentan este concurso Un poema na túa voz, para que todos os nenos e nenas, ao igual que as familias, poidan participar a distancia mediante a gravación da lectura dun poema.

Podedes atopar máis información relacionada co concurso (premios, bases, xurado) no seguinte enlace: http://www.galix.org/2020/03/por-mor-das-circunstancias-excepcionais.html?m=1

Concurso #SantaCombaQuedaNaCasa

No día de hoxe facémonos eco da proposta da Concellería de Culura, Deportes, Educación, Formación e Xuventude de Santa Comba, con motivo de FOMENTAR A ESTANCIA NAS CASAS durante o período de Estado de Alarma actual, polo que organizan o concurso interactivo #SantaCombaQuedaNaCasa de VIDEOS para rapaces e rapazas de 3 a 14 anos, así como para as súas familias.
BASES:
  • TEMÁTICA:
  1. A temática terá relación co fomento da actividade familiar NAS CASAS durante este periodo extraordinario de corentena.
  2. Os videos poderán amosar actividades diarias dos rapaces e rapazas coas súas familias na casa: estudo, aprendizaxes varios, exercicio e deporte, mostras de animo e apoio colectivos que teñen especial traballo durante estas dificiles datas...
  3. Os vídeos deben ser orixinais, e non sobrepasar os 2min de duración.
  4. Os vídeos serán publicados polos pais, nais ou titores co cancelo #SantaCombaQuedaNaCasa, etiquetando as redes sociais do Concello de Santa Comba en Facebook SANTA COMBA Info+, e en Instagram @santa_comba_info
  • PRAZO DE PRESENTACIÓN:
O prazo será dende o venres 20 de marzo ata o domingo 29 de marzo.

  • XURADO:
Os 2 videos que máis "gústame" acaden serán os gañadores.

  • PREMIOS:
1º Mellor vídeo: lote de libros de temática infantil e xuvenil en galego.
2º Mellor vídeo: lote de material deportivo variado.

  • DEREITOS:
Os traballos presentados pasarán a ser propiedade do Concello de Santa Comba, e os autores dan consentemento para poder presentalos na web municipal e nos soportes habituais.

  • ACEPTACIÓN DAS BASES:
A participación no concurso supón a aceptación destas bases.

miércoles, 18 de marzo de 2020

Actividades sen pantallas!

Hoxe querémosvos propoñer varias alternativas para enredar un pouco pola casa sen necesidade de empregar ningún aparello dixital. Estas propostas sirven par apotenciar a vosa creatividade ademais de pasar o tempo xuntos en familia:
  • Busca unha foto de cando eras máis pequeno, da túa infancia. Tes bos recordos relacionados con esa foto? Escribe sobre iso. Papás e mamás, podedelo facer tamén e así contarlle algunha anécdota ós cativos e cativas de cando vós erades coma eles.

  • Escolle un xogo de mesa, deses que xa tes controlados e cambialle a regras do xogo. Escribe nun papel como eran antes e como son agora. Probade a xogar e, é maís divertido agora ou antes?

  • Outra proposta e que sexades arquitectos e arquitectas por un día. Debuxade un plano da vosa casa (non ten que ser perfecto). Escribe cal é a túa habitación favorita; aquela na que pasas máis e menos tempo; que lle cambiarías a algunha habitación; ou se engadirías ou quitarías algo da túa casa...

  • Finalmente, podedes ser entrevistadores por un día. Só precisades chamar ós avós e avoas que vivan lonxe, ós primos e primas, ou a algún familiar ou amigo que xa fai que non vedes. Failles unha pequena entrevista e despois redáctaa. Non te lembres de presentar ó teu entrevistado ou entrevistada!

Propostas recollidas do perfil de instagram @whattheteacherlearned

Regletas para todos: familias, alumnado e profes!

No día de hoxe, achegamos un novo pasatempo. Marcos Marrero Cárdenas ofrécenos na súa canle de Youtube un interesante vídeo sobre o uso das regletas nas matemáticas. Non o podedes perder!

O vídeo comezará sobre as 17.30h da tarde e conta cunha duración aproximada dunha hora e media!


martes, 17 de marzo de 2020

RECURSOS LÚDICOS PARA TEMPOS ÚNICOS

Dende o equipo de Biblio e do resto da escola, querémosvos achegar algúns recursos lúdicos para poder pasar mellor o tempo durante esta época de cuarentena e que así sexa máis levadeira.

Para os máis peques propoñemos a película en galego Cocorico:


                          https://www.youtube.com/watch?v=n8zoAcCJaaM&feature=youtu.be

Ademais, para facer en familia, presentamos un Titorial de Origami:



Finalmente, e tamén de xeito online, propoñemos unha serie de contacontos diarios nunha canle de Youtube:





8 de marzo, Día Internacional da Muller

Con motivo da celebración e reivindicación da igualdade entre homes e mulleres polo 8 de marzo, na nosa biblio tiveron lugar dous actos que gardan unha estreita relación con este día tan importante.

O pasado venres día 6 de marzo, tivemos a ocasión de acudir a un contacontos proposto dende o concello baixo o nome Contacontos da Igualdade da man d' A Trastenda dos Contos de Caxoto Contacontos.


Ademais, o luns 9 de marzo, baixo o lema Mulleres en todos os ámbitos rendéuselle unha homenaxe a todas aquelas superheroínas e precursoras que foron as primeiras, ou tiveron grande importancia e relevancia, nos seus campos.


Neste acto, relacionado coa importancia e os dereitos da muller, tamén se fixo referencia a Rosalía de Castro pola celebración no día na súa honra o pasado 24 de febreiro.