No día de hoxe facémonos eco da proposta da Concellería de Culura, Deportes, Educación, Formación e Xuventude de Santa Comba, con motivo de FOMENTAR A ESTANCIA NAS CASAS durante o período de Estado de Alarma actual, polo que organizan o concurso interactivo #SantaCombaQuedaNaCasa de VIDEOS para rapaces e rapazas de 3 a 14 anos, así como para as súas familias.
BASES:
- TEMÁTICA:
- A temática terá relación co fomento da actividade familiar NAS CASAS durante este periodo extraordinario de corentena.
- Os videos poderán amosar actividades diarias dos rapaces e rapazas coas súas familias na casa: estudo, aprendizaxes varios, exercicio e deporte, mostras de animo e apoio colectivos que teñen especial traballo durante estas dificiles datas...
- Os vídeos deben ser orixinais, e non sobrepasar os 2min de duración.
- Os vídeos serán publicados polos pais, nais ou titores co cancelo #SantaCombaQuedaNaCasa, etiquetando as redes sociais do Concello de Santa Comba en Facebook SANTA COMBA Info+, e en Instagram @santa_comba_info
- PRAZO DE PRESENTACIÓN:
O prazo será dende o venres 20 de marzo ata o domingo 29 de marzo.
- XURADO:
Os 2 videos que máis "gústame" acaden serán os gañadores.
- PREMIOS:
1º Mellor vídeo: lote de libros de temática infantil e xuvenil en galego.
2º Mellor vídeo: lote de material deportivo variado.
- DEREITOS:
Os traballos presentados pasarán a ser propiedade do Concello de Santa Comba, e os autores dan consentemento para poder presentalos na web municipal e nos soportes habituais.
- ACEPTACIÓN DAS BASES:
A participación no concurso supón a aceptación destas bases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario