Con motivo da celebración da quincena do libro, realizamos unha exposición, á que demos por título: "Maletas viaxeiras. Viaxe ao mundo en máis de 80 libros."
A pregunta exposta polo noso Mago Fuco era: Se emigrases, que libros levarías contigo?
O resultado ou a resposta á devandita pregunta foi a elaboración de maletas repletas de títulos e portadas dos seus libros favoritos. Cada grupo-clase realizou unha ou varias maletas, en diferentes estilos e con cores vistosas. Desde a área de inglés tamén se realizaron maletas por niveis educativos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario