Facía bo día e decidimos baixar á horta a observar as plantas coas que contamos. Para iso fixemos uns planos nos que fomos apuntando todo. É máis difícil do que parece plasmar todo iso nun folio, pero alí estivemos pelexando coas nosas cabeciñas e coa nosa visión espacial! ;)
Este blog xurde do desexo, por parte do equipo de biblioteca do CEIP PLURILINGÜE PEPE DE XAN BAÑA, de dar a coñecer as actividades que se levan a cabo no centro en torno á biblioteca escolar e en colaboración co resto dos equipos. É un lugar de encontro entre toda a comunidade educativa, no que agardamos as vosas opinións e propostas para a mellora das dinámicas do centro. Benvid@s e agardamos que o disfrutedes!
jueves, 27 de octubre de 2016
SAMAÍN
Polo Samaín, terroríficos obradoiros internivel e certame de debuxos e contos de medo... Atréveste a velo?
martes, 25 de octubre de 2016
Sementamos o naval e recollemos a semente da cebola
Hoxe fomos sementar o naval, é o tempo, de feito case se nos escapa. E de paso que estivemos alí, fixámonos que as cebolas tiñan as flores xa secas e aproveitamos para recollerlle a semente.
lunes, 24 de octubre de 2016
24 de outubro. DÍA DAS BIBLIOTECAS e PRESENTACIÓN DO PROXECTO ANUAL
O día 24 de outubro, día das bibliotecas, escoitamos no noso cole, no noticieiro do Pepe de Xan Baña, que o mago Fuco nos convidaba a participar nun novo proxecto de centro relacionado co mundo das plantas. Así investigaremos sobres as árbores do cole, cultivaremos na horta, coidaremos do agasallo que nos dou a cada nivel : unha planta aromática!... E moitas cousas máis.
miércoles, 19 de octubre de 2016
"TRABA, UNIVERSO VEXETAL". Primeiros produtos da horta
O ano pasado a final de curso deixamos algunha cousa plantada na horta, e este curso xa puidemos recoller os primeiros froitos. Entre eles, algún tomate cherry, cebolas e patacas.
Dos tomates cherry xa demos boa conta, e o resto expuxémolo no corredor. Seguiremos ampliando a mostra ;)
Dos tomates cherry xa demos boa conta, e o resto expuxémolo no corredor. Seguiremos ampliando a mostra ;)
NOVAS ADQUISICIÓNS PARA A BIBLIOTECA. Vinde a coñecelas!!
Hoxe adquirimos novos fondos para a biblioteca. Estes son algúns exemplos dos libros mercados. Agardamos que vos gusten! Vinde a coñecelos!
lunes, 17 de octubre de 2016
OUTONO. Tradicional exposición de espigas
Como cada ano, polo outono, chega a tradicional exposición de espigas. Este ano, para vinculalo co proxecto, propúxose que fosen decoradas integramente con elementos vexetais.
Coma sempre, as nosas familias fixeron un alarde de creatividade. Xeniais!
Coma sempre, as nosas familias fixeron un alarde de creatividade. Xeniais!
lunes, 10 de octubre de 2016
XORNAL "O PAPAGAIO". Nova publicación periódica en galego na biblioteca.
Nace un proxecto editorial novidoso: O PAPAGAIO. Un xornal escolar mensual, co obxectivo de achegar aos nenos e nenas de todo o país toda esa información que adoitan ver e escoitar decotío, pero dun xeito máis apropiado ás súas idades e ás súas inquedanzas, nun formato novidoso como é un xornal.
O primeiro número xa chegou á nosa biblioteca. Agora xa podedes mantervos informad@s sobre a actualidade!
viernes, 7 de octubre de 2016
Comezamos cos contacontos na sala Castelao
Hoxe, venres, un primeiro grupo do centro comeza coa lectura e o contacontos na nosa Sala Castelao. Xa desexabamos ter esas escefinicacións que tanto nos agradan! Ahí van algunhas fotos.
NOVIDADES!! Fondos con ampliación de contidos a través de códigos QR
Aproveitando que o ano pasado a final de curso se mercou unha tablet para a biblioteca, en algúns libros comezaron a aparecer uns códigos cadrados chamados códigos QR. Xa nos ensinaron que na tablet hai unha aplicación que é quen de leelos e levarnos á páxina enlazada. Gracias a este sistema, podemos escoitar a canción de "Corre, corre, cabaciña" ou ver a curta de "A bruxa regañadentes" despois de ler os libros.
Para as familias, estes libros están de momento na biblioteca para acostumarnos ao uso da aplicación, pero en canto poidan comezar a formar parte do préstamo habitual, podedes baixar un "lector de códigos QR" para os vosos teléfonos intelixentes. Así poderedes gozar en familia dos contidos asociados. No cole estamos encantados!
martes, 4 de octubre de 2016
A BIBLIO ABERTA TAMÉN POLAS TARDES DE 4:15 a 5:15!!
Agardamos que a disfrutedes ;)
domingo, 2 de octubre de 2016
INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA!!
Por fin! Despois de todo o traballo feito, por fin está lista para disfrutar dela. Hoxe inaugurámola. As colaboradoras foron as encargadas de conducir o evento, e todos os nenos e nenas que nos acompañaron leváronse algún agasallo que outro. Daba gusto ver a biblioteca a rebosar de cariñas felices. Xa tiñamos ganas de que abrira!
inauguración da biblioteca by Slidely Slideshow
inauguración da biblioteca by Slidely Slideshow
Suscribirse a:
Entradas (Atom)