martes, 22 de diciembre de 2020

GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS DO CONCELLO DE SANTA COMBA

Esta mañá fíxose a entrega de premios e diplomas na biblioteca do centro, do concurso de postais de Nadal organizado polo concello a:

Enzo Calvo Amarelle

Adrian Gómez Gende

Xabier Pensado Blanco

Jesús Vilar Calvo

Nerea López Romero

Lorena Porteiro Fajín







Parabéns a todas e todos os participantes e especialmente aos gañadores que o fixeron moi ben. Estamos orgullosos de vós.



Actuacións de Nadal!

Deixámosvos no seguinte enlace o vídeo das actuacións de Nadal, deste ano tan atípico. 

Infantil interpretou a canción de "Rodolfo el reno"

1º e 2º interpretaron a canción "Rock dos pastores"

3º e 4º cantaron "Un día de inverno"

5º cantou "Xa chega o Nadal"

6º  interpretou "Tres Reis en bicicleta"

Desexámosvos unhas boas festas!

viernes, 4 de diciembre de 2020

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Onte, 3 de decembro, foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, para conmemorar dito día deixámosvos uns cortos que vos farán  reflexionar. 

Non debemos esquecer nunca que "a discapacidade é a capacidade extraordinaria de ser capaz"

 - The present (el regalo) 

https://youtu.be/_RP1GsCyoAE

- Cuerdas

https://youtu.be/4INwx_tmTKw

- Ian

https://youtu.be/OHma93eZiBY

- Tamara
https://youtu.be/foRUY2l4-3I

- Pip

https://youtu.be/07d2dXHYb94

Saúdos! 


viernes, 27 de noviembre de 2020

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

O mércores conmemoramos o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Para iso, preparamos entre todos os cursos a canción da "Porta Violeta" de Rozalén e gravamos un vídeo cantando. 


Ademais preparamos a nosa "porta violeta" na entrada da biblioteca, cunhas ás de bolboreta. 


Tamén deseñamos unha porta, que posteriormente imprimimos na impresora 3D e repartimos unha por cada clase.

Saúdos!



miércoles, 18 de noviembre de 2020

Obradoiro de radio

A semana pasada, os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria realizamos unha serie de obradoiros relacionados coa radio. Realizamos
un obradoiro de oralidade e outro de edición, posteriormente realizouse a gravación dun programa.

Estamos a practicar para ser uns fantásticos/as locutores e locutoras.

Podedes escoitar o programa no seguinte enlace:

https://www.ivoox.com/s_p2_1110304_1.html

jueves, 12 de noviembre de 2020

CONCURSO DE RELATOS

No día de onte fixemos entrega dos premios e diplomas aos gañadores e aos participantes do concurso de relatos, proposto dende o Concello de Santa Comba. 

Xabier Pensado Blanco, levou o accésit dentro da categoría 2.

Hugo Calvo Amarelle, levou o primeiro premio na categría 3.

Noraboa aos gañadores e a todos/as os participantes!



domingo, 1 de noviembre de 2020

Samagosto

 O pasado venres celebramos o Samagosto no cole. Comezamos escoitando e vendo un vídeo dos gañadores dos relatos, das cabazas e do debuxo.



En canto aos relatos os gañadores/as foron os seguintes:

1º e 2º de primaria: Javier Vilas Suárez

3º e 4º de primaria: Hugo Calvo Amarelle

5º e 6º de primaria: Amalia

En canto ao debuxo a gañadora foi Sara Guillín Suárez de 6º de Educación Infantil.

E no concurso de cabazas, os gañadores/as foron:

4º de Educación Infantil: Nayra Lago Rey

5º e 6º de Educación Infantil: Enzo Calvo Amarelle

1º e 2º de Educación Primaria: Diego Sande Barreiro

3º e 4º de Educación Primaria: Xabier Blanco Pensado

5º de Educación Primaria: Nuria Mourelle Senra

6º de Educación Primaria: Noa Porteiro Antelo

Repartíronse os agasallos e diplomas, e tamén degustamos en cada clase castañas e chocolate.

Pasámolo xenial!

miércoles, 28 de octubre de 2020

Cabazas terroríficas!

Presentámosvos as cabazas terroríficas que se fixeron nos distintos cursos.

Na aula de 4º de Infantil:












Na aula de 5º e 6º de Infantil: 











Na aula de 1º e 2º de Primaria:





































Na aula de 3º e 4º de Primaria:








Na aula de 5º de Primaria:









Na aula de 6º de Primaria:















    Quedaron todas fantásticas! Moitas grazas!