lunes, 28 de abril de 2025

RETO PARA 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O Mago Fuco deixounos na aula un calendario moi curioso, este ten unha receita para cada mes do ano. Despois de observalo e investigar con detalle descubrimos que todas as receitas teñen un alimento en común, o polo. 

A partir deste momento fixemos unha pequena investigación sobre os polos, as galiñas e os ovos, creando tres lapbook que deixamos na Biblioteca para que os poidan consultar outros lectores/as.

Con todas as receitas do calendario fixemos unha votación e escollemos os Nuggets de Polo que cociñamos con moito agarimo e atención. Non rematamos a actividade sen antes pasar a escribir os pasos desta receita tan deliciosa.








jueves, 24 de abril de 2025

RETO PARA 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O Mago Fuco envioulle un reto ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, neste reto pediulles que elaborasen o aparello dixestivo para poder explicárllelo ao primeiro ciclo e así recordarlles as partes que o forman e como funciona. 

Para poder levar a cabo esta tarefa, o alumnado decidiu realizar un panel interactivo co makey makey gravando a información que explica cada unha das partes do aparello dixestivo.

Os pasos que seguiron para esta tarefa foron:

1. Localizar un modelo de aparello dixestivo elaborado con material de refugallo.

2. Conseguir o material de refugallo que se precisa.

3. Construir o aparello dixestivo sobre un cartón e indicar o nome de cada parte.

4. Comprender como funciona o Makey Makey e ir anotando os pasos na pizarra.

5. Elaborar os textos que se van a gravar sobre cada unha das partes do aparello dixestivo. Os textos serán en galego e en inglés.

6. Facer as gravacións co scratch despois de asimilar en liñas xerais o seu funcionamento e a relación entre o scratch e o Makey Makey.

7. Cada parella encargada dun órgano do aparello dixestivo, colocará o encuadernador no cartón, cun cable unirá o encuadernador coa placa. 

8. Comprobar que precisamos un cable terra para pechar o circuito.

8. Presentar o proxecto ao grupo de 1º e 2º.




miércoles, 23 de abril de 2025

23 ABRIL: DÍA DO LIBRO

Chegou o día do Libro e no noso cole fixemos un apadriñamento lector no que cada alumno/a lle contou un conto a outro alumno/a do centro. Foi unha actividade con tintes conmemorativos á par que enriquecedores. Feliz día do Libro!

MARCAPÁXINAS: DÍA DO LIBRO

Co motivo do día do Libro os nenos e nenas de Educación Infantil elaboraron uns marcapáxinas moi especiais. Estes foron feitos con elementos da natureza recollidos no patio da nosa escola. Cada alumno/a escolleu as herbas e flores que máis lle gustaron para logo deixalas secar, unha vez rematado o proceso de secado comezou o da composición. Aquí queda o espectacular resultado.



Polo mesmo motivo, os nenos e nenas do 1º ciclo de Educación Primaria crearon uns marcapáxinas moi orixinais, que son unha extensión do seu proxecto sobre o diccionario Creativo. Cada marcapáxinas ten por detrás a definición das palabras que escolleu cada neno e nena.