miércoles, 24 de septiembre de 2014

Atent@s que abrimos!!


                                   

Primeiro día de cole. Comezamos a andaina!

O 10 de setembro comezaron as clases, e no Pepe de Xan Baña xa é tradición comezar dun xeito distendido e agradable, no que prof@s e alumn@s se saúdan e comentan as vacacións. É tradición tamén propoñerlle aos peques uns obradoiros que fagan o día o máis divertido posible. Este ano, e para comezar con bo pe a andaina arredor do mundo, decidiuse relacionalos con outras culturas e engalanarnos seguindo as tradicións de países lonxanos pero aos que quixemos sentir cerca. 
Os obradoiros elexidos foron catro: un de papel maché no que se comezou o que será unha enorme bola do mundo, outro de maquillaxes tribais, e dous máis de xoias ao máis puro estilo étnico, un de colares de outro de pulseiras. 
@s nen@s e @s prof@s disfrutamos moito e marchamos totalmente engalanados para as nosas casas.





Agardamos que vos gustase tanto como a nós!

Seguimos xirando arredor do mundo!

Este ano, continuamos xirando arredor do mundo no noso proxecto de centro. Coa "Volta ao mundo (II)", percorreremos o noso planeta fixándonos nas zonas climáticas do mesmo. De momento ata aquí podemos ler...
Estade atentos ás novas!!

http://www.jugarijugar.com/es/puzzles-y-puzzles-reinventados/1321-puzzle-la-vuelta-al-mundo.html

A nosa biblioteca


martes, 23 de septiembre de 2014

Benvida do Mago Fuco


Ola a todos e todas! Como vedes, xa temos un blog da nosa biblioteca. Por se alguén non me coñece... son o Mago Fuco!, ese misterioso personaxe que vos acompaña sempre que visitades a biblioteca, que vos axuda a atopar os libros e está ao tanto do que máis vos gusta ler...  E non esquezades, que Rafuca, a miña axudante tamén está alerta de todo canto acontece na nosa biblioteca. A partires de agora poderedes ver todas aquelas actividades de animación á lectoescritura que se desenvolvan no centro e partipar deixando os vosos comentarios e suxerencias.
Espero que sexa do interese de toda a comunidade educativa. Espérovos!