martes, 12 de febrero de 2019

Dia Mundial da Radio


Hoxe 13 de febreiro é o "Día Mundial da Radio". Dende o noso cole como xa sabedes estamos a aumentar a programación da nosa Radio Fuco con novos e interesantes programas.
O prato principal de hoxe foi a visita da Conselleira de Educación Carmen Pomar, acompañada de varias autoridades, para a celebración do Día Mundial da Radio. Realizamoslle unha visita guiada polo cole e despois gravamos un programa na nosa radio no que fixeron un percorrido sobre a recente historia da nosa radio e entrevistaron a Carmen sobre o seu traballo, traxectoria e hábitos radiofónicos. Tamén nos visitou un correspondente de Radio Galega, na que entramos en directo en dúas ocasións.




Foi para tod@s unha xornada moi especial!!

Queremos dar as grazas a Conselleira Carmen Pomar por vir neste día a vistarnos e dar visibilidade a Radio como ferramenta educativa en todos os coles pero especialmente a aqueles rurais como o noso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario