lunes, 20 de diciembre de 2021

Nadal 2021

Para despedir o primeiro trimestre e dar a benvida a estas festas do Nadal, decidimos realizar un festival audiovisual.

Estas son as actuacións do alumnado de infantil e primaria.



























FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANINOVO!

jueves, 16 de diciembre de 2021

Entrega de premios do concurso postal 2021

Ademais do accésit de Samuel Mira García, presentámosvos aos seleccionados do Concurso de Postais de Nadal 2021 do Concello de Santa Comba.

Agradecer a participación de todo o alumnado nesta actividade.


















martes, 14 de diciembre de 2021

6º E.P.- Curiosidades científicas












 

A árbore dos desexos

Con motivo do Día Internacional dos Dereitos Humanos, que se celebra cada 10 de decembro, decidimos realizar un programa especial de radio e unha actividade de centro. Está actividade consistiu en  decorar a nosa árbore de Nadal con bólas que reflicten desexos e ilusións vinculadas a que se fagan realidade estes dereitos en todo o mundo.

Aquí tedes unha mostra do noso traballo.

- Programa especial de radio

- Árbore de Nadal dos Dereitos Humanos









jueves, 9 de diciembre de 2021

Un mar de cores (3 de decembro)

Este ano, con motivo da celebración  do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, decidimos sensibilizar á nosa comunidade educativa caracterizando a porta principal de acceso á biblioteca coma se un gran mar  ou océano fose. 

Este mar, cos seres mariños máis diversos, presentábase coa seguinte entrada de conto: "Érase unha vez un mar de cores, onde a diferenza era o principio da igualdade..."












Con iso quixemos transmitir que todos somos diferentes e que a diferenza é un valor positivo, que nos fai singulares. Ademais, a igualdade fai referencia a que todos somos  humanos ou membros dunha especie e temos os mesmos dereitos recoñecidos.

Está actividade foi acompañada dun programa especial na nosa  emisora "Radio Fuco".
Aquí dispoñedes do audio




lunes, 29 de noviembre de 2021

25 N - "Non me engaioles, déixame voar"

Este curso escolar conmemoramos o 25 N, Día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller, a través da literatura e do noso proxecto de centro "Emigrando con Fuco"

A nosa lema partiu da idea das migracións, a liberdade e a procura de oportunidades. Entre todos démoslle o título de: "Non me engaioles, déixame voar".

  • Coa imaxe da gaiola quixemos representar eses fogares e esas relacións que nos oprimen e encérran, escurecendo  a nosa vida. 
  • Os corazóns negros representan todas esas vidas perdidas, así como a idea dunha vida non vivida. 
  • O exterior desa gaiola representa a liberdade, como o voo dun ave. 

Cada grupo-clase elixiu un ave migratoria e caracterizouna coa fotografía do rostro de cada alumno/-a. Algunhas das aves traballadas foron: o mazarico, a andoriña, o cuco, o abejarruco, o avión zapador... 

Este mural é unha pequena mostra do traballo realizado. 









Por outra banda, cada grupo-clase elixiu unha obra literaria para sensibilizar sobre o tema. 

En educación infantil e segundo ciclo de educación primaria a obra elixida foi: "Arturo e Clementina" de Adela Turín

  • En infantil a súa lectura acompañouse de debuxos alusivos á obra. 
  • En terceiro e cuarto de primaria levouse a cabo un programa de radio, analizando o seu argumento e que nos quere transmitir.  Aquí deixámosvos o podcast. 




O alumnado de primeiro ciclo elixiu a obra: "Orellas de bolboreta" de Luisa Aguilar, para tratar o desenvolvemento emocional. Este libro ensínanos como desenvolver unha correcta autoestima e saber facer fronte ás críticas con sentido do humor e enxeño. 

En 5º EP centráronse na obra: "O lapis máxico de Malala" e a relevancia da súa figura, sendo a persoa máis nova en recibir o Premio Nobel da Paz. Tamén estableceron un debate no que xurdiron preguntas como: Por que a cor morada? - vendo as súas orixes a principios do século XX. 

O alumnado de 6º EP decantouse pola obra: "O diario violeta de Carlota", un libro que nos convida a reflexionar e anímanos a continuar a cadea violeta. Por equipos cooperativos tamén levaron a cabo diversas enquisas á comunidade educativa.

viernes, 26 de noviembre de 2021

Poscast de "Arturo e Clementina"

25 N - Lectura de "Arturo e Clementina" 

A ciencia na aula de 5º EP

O alumnado de quinto móstranos o seu experimento, titulado "arco da vella líquido", para mostrar a densidade dos líquidos, facendo unha columna ou torre diferenciada por densidade e cor. 

Con este experimento podemos observar como afecta a densidade á  flotabilidade dos corpos. 

Para levalo a cabo necesitamos: 

  • Mel
  • Xabón líquido ou lavalouzas
  • Auga
  • Aceite
  • Alcol
  • Colorante alimentario

Esperemos que gocedes do vídeo e animédesvos a probar este divertido experimento, vinculado co tema da materia e coa área das ciencias naturais. 








Os científicos de primeiro ciclo

O alumnado de primeiro e segundo de primaria explícanos como reproducir unha erupción  volcánica. 

Só necesitamos estes poucos ingredientes: 

  • Un pequeno vaso refugable
  • Plastilina
  • Bicarbonato de sodio
  • Vinagre
  • Colorante vermello alimentario (opcional)

Estar atentos ao vídeo





martes, 23 de noviembre de 2021

Os científicos de infantil.

Con motivo do mes da ciencia en galego, o alumnado de Educación Infantil animouse  a realizar tres experimentos moi interesantes.

1° Experimento - Tinta invisible con zume de limón.



2° Experimento - Inchar un globo co gas que se produce da reacción dunha base (o bicarbonato) cun ácido (o vinagre).



3° Experimento - Demostrar a capilaridade dos fluídos ou líquidos.
´





Videocontos do Samagosto - 6º E.P.
















jueves, 11 de noviembre de 2021

Novembro - Mes da Ciencia en Galego

 

Con motivo da celebración do Mes da Ciencia en Galego, propuxémonos ensinarvos unha serie de experimentos para comprobar como a ciencia é divertida.






Ao longo do mes, cada grupo-clase realizará un experimento coa súa titora, que será gravado para ser compartido e visto por todos.

Hoxe deixámosvos 4 experimentos realizados polo alumnado de 3º e 4º de educación primaria.

Esperemos que vos gusten e que vos animedes a facelos na casa.


























miércoles, 10 de noviembre de 2021

OUTUBRO E AS CORES DO OUTONO

 

Ola amigos e amigas dos libros!
Despedímonos do mes de outubro e da entrada das cores do outono cunha selección fotográfica de actividades das áreas de Educación artística (plástica) e lingua estranxeira (inglés). Unha forma divertida e orixinal de aprender vocabulario e expresións en inglés.









jueves, 4 de noviembre de 2021

Semana do 25 ao 29 de outubro

Durante a semana do 25 ao 29 de outubro celebramos  o día das bibliotecas (24 de outubro) e realizamos a selección de traballos e entrega de premios do  Samagosto 2021.

Para o día das bibliotecas elaboramos unha árbore, cuxas follas reflectían o que para  cada neno/-a é unha biblioteca. O alumnado de infantil encheu as súas follas de fermosos debuxos e o alumnado  de primaria describiu brevemente a súa idea ou a súa concepción deste espazo.

A continuación recóllense algunhas das súas reflexións, así como unha pequena mostra de como quedou o noso  biblio-árbore.


Para min unha biblioteca é... 

  • ... un lugar para soñar.
  • ... unha viaxe a través das palabras.
  • ... un refuxio entre lecturas. 
  • ... un espazo de creatividade.
  • ...un recompilatorio de coñecementos.
  • ... unha máquina a través do tempo.
  • ... unha realidade inventada.




Doutra banda, tamén fixemos entrega de  marcapáxinas personalizados co nome de cada un dos nosos alumnos/-as, acompañados da imaxe do mago Fuco.


O venres 29 outubro, con motivo da celebración do  Samagosto 2021, fixemos entrega dun diploma de participación a todo o alumnado do centro pola súa contribución a algunha das propostas de actividades realizadas: decoración de cabazas e  mazarocas, deseño de debuxos e/ou redacción dun relato curto sobre o outono, o Magosto ou Samaín.


As cabazas e  mazarocas seleccionadas este curso foron:



As gañadoras ao mellor debuxo, en educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria, foron: Zoe e Luna.

En canto á selección de relatos, estes son os alumnos/-as premiados:
  • 2º ciclo: Diego
  • 5º de Educación Primaria: Izan
  • 6º de Educación Primaria: Isabel




lunes, 25 de octubre de 2021

Os magos das palabras.

 

Os máis pequenos de primaria anímanse a crear pequenos textos, axudados da maxia das letras do Mago Fuco. 







Os grandes artistas mostran o seu talento.

   A continuación recóllese a exposición de debuxos realizada polo alumnado de Educación Infantil e o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, que participaron no concurso de deseño de debuxos do Samagosto 2021.

- Debuxos de Educación Infantil: 







- Debuxos de Educación Primaria: 






sábado, 23 de octubre de 2021

Exposición fotográfica de cabazas e mazarocas de millo

 

A continuación recóllense unha serie de colaxes fotográficos, que recollen as fotos enviadas ao correo da biblioteca por parte das familias.

Agradecer a alta participación no concurso fotográfico de decoración de cabazas e mazarocas de millo, con motivo da celebración do Samagosto 2021.


Educación Infantil: 



1º e 2º de Educación Primaria:



3º e 4º de Educación Primaria:





5º de Educación Primaria:


6º de Educación Primaria: