sábado, 29 de junio de 2024

Letras Galegas

 Este ano o día das letras Galegas adicaselle a Luisa Villalta. Así que dende radio fixeronse uns podcasts realizando unha entrevista A Luisiña.


 Para rematar o curso e dende bibliotecas creativas, tivemos a actuación de A Xanela do Maxìn con Super Coroza.




miércoles, 5 de junio de 2024

DESPEDIDA

Despois de 6️⃣ cursos no Pepe de Xan Baña, despídome cunha forte aperta para toda a Comunidade Educativa, deixándovos os meus contos na biblio. 

Este curso disfrutei moito traballando co alumnado en Plástica e Inglés o conto de EL HADA DE LAS ESENCIAS que leron coas súas titoras. Decoramos “frascos de esencias” en Infantil, 



pintamos pedras e fixemos debuxos co conto O SALTO DO LOBIÑO ULF AO DESCOÑECIDO / 
LA OTRA ORILLA no primer e segundo ciclo: 



No tercer ciclo fixeron viñetas de cómic co conto EN BUSCA DE FANTASMAS: 





En Infantil levamos a cabo unha actividade enchendo os seus frasquiños con pequenos tesouros da súa contorna: canela, sementes, minerais, cunchas, un céntimo coa catedral de Santiago, sellos, etc. 



Onte reunímonos na biblio co alumnado de Primaria, onde lles falei da miña propia biografía e a experiencia de escritura e publicación, contestando ademais as súas preguntas. 



Cando queirades repetimos a experiencia! 

Queda tamén o BOOK CORNER con todos os libros en inglés:



Descubrimos moitas vocacións artísticas no alumnado do cole e xa estou agardando de poder ver e ler as súas propias creacións ! 🤗