Este curso disfrutei moito traballando co alumnado en Plástica e Inglés o conto de EL HADA DE LAS ESENCIAS que leron coas súas titoras. Decoramos “frascos de esencias” en Infantil,
pintamos pedras e fixemos debuxos co conto O SALTO DO LOBIÑO ULF AO DESCOÑECIDO /
LA OTRA ORILLA no primer e segundo ciclo:
No tercer ciclo fixeron viñetas de cómic co conto EN BUSCA DE FANTASMAS:
En Infantil levamos a cabo unha actividade enchendo os seus frasquiños con pequenos tesouros da súa contorna: canela, sementes, minerais, cunchas, un céntimo coa catedral de Santiago, sellos, etc.
Onte reunímonos na biblio co alumnado de Primaria, onde lles falei da miña propia biografía e a experiencia de escritura e publicación, contestando ademais as súas preguntas.
Cando queirades repetimos a experiencia!
Queda tamén o BOOK CORNER con todos os libros en inglés:
Descubrimos moitas vocacións artísticas no alumnado do cole e xa estou agardando de poder ver e ler as súas propias creacións ! 🤗
No hay comentarios:
Publicar un comentario