De novo o Mago Fuco pasou polas nosas aulas e deixounos un novo reto Ñam! Investigar os libros de receitas e analizar como é unha receita de cociña. Este reto gustóunos moito xa que nos permitiu dar renda solta á nosa cretividade e elaborar as nosas propias receitas no patio. Utilizamos toda clase de ingredientes que atopamos desde paus, follas, area, terra, flores... todo foi aproveitado para crear uns estupendos menús.
Este blog xurde do desexo, por parte do equipo de biblioteca do CEIP PLURILINGÜE PEPE DE XAN BAÑA, de dar a coñecer as actividades que se levan a cabo no centro en torno á biblioteca escolar e en colaboración co resto dos equipos. É un lugar de encontro entre toda a comunidade educativa, no que agardamos as vosas opinións e propostas para a mellora das dinámicas do centro. Benvid@s e agardamos que o disfrutedes!
viernes, 25 de octubre de 2024
viernes, 18 de octubre de 2024
RETO ÑAM 1 EN INFANTIL: OS ALIMENTOS
O Mago Fuco pasou polas aulas de Infantil e deixounos un sobre cunha petición moi especial, o noso primeiro reto do proxecto ÑAM!
Estivemos moi emocionados con esta sorpresa e axiña nos puxemos mans á obra intentando responder ás preguntas que nos plantexou o Mago Fuco.
- Para que serven os alimentos?
- Por que é importante comer?
- De onde saen os alimentos?
- Por que hai moitos alimentos que comemos cociñados?
- Como os cociñamos? E que utilizamos para facelo?
lunes, 14 de octubre de 2024
ÑAM!
Co comezo do curso escolar desde a Biblioteca désmolle inicio ao proxecto ÑAM! Somos conscientes de que a alimentación ocupa un lugar esencial dentro da nosa vida. Unha boa alimentación é sinónimo de boa saúde e prevención de distintas enfermidades. Protexer a saúde dos máis pequenos e pequenas é sempre unha das prioridades da escola, por iso é moi importante crear conciencia sobre a importancia dunha alimentación equilibrada e que ao mesmo tempo sexa asequible a cada un dos membros da nosa comunidade educativa.
Con este proxecto intentaremos que o alumnado tome concienca de cales son as opcións alimentarias máis próximas á súa contorna, que comprendan que consumir alimentos de proximidade é unha das opcións máis sans e sostibles. Tamén profundizaremos nos valores sociais, culturais e no aspecto psicolóxico da alimentación, xa que podemos aproximarnos ás diferentes culturas, así como as tradicións da nosa contorna.
Nutrir ou nutrirse leva consiguo outro aspectos importantes como son a preparación de comida, as distintas técnicas, as composicións dos pratos, a estética da mesa....polo que este proxecto afondará en todos eles a través de diversos laboratorios de exploración multisensorial e actividades relacionadas coa mesa.
Cada actividade que traballemos será presentada ao alumnado a través dun reto que lles empuxe a investigar, explorar e manipular para chegar a unha verdadeira aprendizaxe e coñecemento.
Así pois, comezamos co Ñam, Ñam! Deixámosvos uns contiños moi relacionados co que imos a traballar. Que aproveite!