Co comezo do curso escolar desde a Biblioteca désmolle inicio ao proxecto ÑAM! Somos conscientes de que a alimentación ocupa un lugar esencial dentro da nosa vida. Unha boa alimentación é sinónimo de boa saúde e prevención de distintas enfermidades. Protexer a saúde dos máis pequenos e pequenas é sempre unha das prioridades da escola, por iso é moi importante crear conciencia sobre a importancia dunha alimentación equilibrada e que ao mesmo tempo sexa asequible a cada un dos membros da nosa comunidade educativa.
Con este proxecto intentaremos que o alumnado tome concienca de cales son as opcións alimentarias máis próximas á súa contorna, que comprendan que consumir alimentos de proximidade é unha das opcións máis sans e sostibles. Tamén profundizaremos nos valores sociais, culturais e no aspecto psicolóxico da alimentación, xa que podemos aproximarnos ás diferentes culturas, así como as tradicións da nosa contorna.
Nutrir ou nutrirse leva consiguo outro aspectos importantes como son a preparación de comida, as distintas técnicas, as composicións dos pratos, a estética da mesa....polo que este proxecto afondará en todos eles a través de diversos laboratorios de exploración multisensorial e actividades relacionadas coa mesa.
Cada actividade que traballemos será presentada ao alumnado a través dun reto que lles empuxe a investigar, explorar e manipular para chegar a unha verdadeira aprendizaxe e coñecemento.
Así pois, comezamos co Ñam, Ñam! Deixámosvos uns contiños moi relacionados co que imos a traballar. Que aproveite!
No hay comentarios:
Publicar un comentario