O Mago Fuco pasou polas aulas de Infantil e deixounos un sobre cunha petición moi especial, o noso primeiro reto do proxecto ÑAM!
Estivemos moi emocionados con esta sorpresa e axiña nos puxemos mans á obra intentando responder ás preguntas que nos plantexou o Mago Fuco.
- Para que serven os alimentos?
- Por que é importante comer?
- De onde saen os alimentos?
- Por que hai moitos alimentos que comemos cociñados?
- Como os cociñamos? E que utilizamos para facelo?
A verdade é que intentamos respostalas todas, algunhas con maior acerto e outras con respostas moi ocorrentes e simpáticas.
Aproveitando a nosa investigación sobre os alimentos fixemos unha pequena degustación e clasificación dos froitos do outono, valorando se son doces ou amargos, observando a súa cor e características ademais de valorar cales nos gustan mais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario