O Mago Fuco pediunos a todo o centro un novo reto, convertir as castañas nunha personaxe de conto. A verdade é que esta actividade deixóunos unhas personaxes moi divertidas froito da maravillosa creatividade do noso alumnado.
Este blog xurde do desexo, por parte do equipo de biblioteca do CEIP PLURILINGÜE PEPE DE XAN BAÑA, de dar a coñecer as actividades que se levan a cabo no centro en torno á biblioteca escolar e en colaboración co resto dos equipos. É un lugar de encontro entre toda a comunidade educativa, no que agardamos as vosas opinións e propostas para a mellora das dinámicas do centro. Benvid@s e agardamos que o disfrutedes!
lunes, 18 de noviembre de 2024
viernes, 15 de noviembre de 2024
RETO ÑAM 3 EN INFANTIL: A COCIÑAR!
O tercerio reto que o Mago Fuco nos propuxo aos nenos e nenas de Infantil foi elaborar unha das receitas que aparece no libro que nos deixou para investigar na aula. Non tivemos dúbidas, todos e todas escollemos para elaborar a receita de "Galletas de vainilla e chocolate".
Primeiro miramos os ingredientes e as cantidades que necesitamos, logo as ferramentas necesarias para poder realizalas e por último puxémonos mans á masa.
O resultado foi espectacular, quedáronos unhas galletas moi deliciosas que non tardamos en comer, sen esquecernos de deixarlle unha proba ao noso amigo o Mago Fuco.
lunes, 11 de noviembre de 2024
NO 25 N TEMOS ALGO QUE DICIR
No 25 de Novembro, día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria emitiron un Podcast recreando situacións de violencia doméstica que poden ocorren nos fogares. O principal obxectivo desta actividade é sensibilizar para detectar certas situacións que podemos presenciar e debemos denunciar.
De seguido, os alumnos e alumnas dramatizaron o contido do podcast diante de todo o alumnado do Ceip Pepe de Xan Baña deixando ben claro que estamos en contra de calquera tipo de violencia e esiximos a súa erradicación.
RETO ÑAM: O MAGOSTO
O venres día 8 de novembro festexamos o Magosto. Os maiores do centro foron os encargados de prepararnos un suculento menú que nos fixo lamber os dedos, sen esquecernos do manxar estrela do día "as castañas asadas".
Sen dúbida foi todo un reto do noso proxecto ÑAM que incentivou ao alumnado a organizar un delicioso prato de cuscús con verduras da nosa horta.
viernes, 8 de noviembre de 2024
CONCURSO DE DEBUXOS E RELATOS
Neste Samaín de medo, non podían faltar os relatos e debuxos terroríficos do noso alumnado. Para valorar a súa creatividade fíxose unha votación onde se escolleu o mellor relato do 2º e 3º ciclo de Educación Primaria e o mellor debuxo terrorífico de Educación Infantil e o 1º ciclo de Educación Primaria.
Aquí vos deixamos as obras gañadoras:
O gañador do debuxo terrorífico en Educación Infantil foi Adrián Anido Rodríguez.
O gañador do debuxo terrorífico do 1º ciclo de Educación Primaria foi Diego Rey Calvo.
A gañadora do relato de medo do 2º ciclo de Educación Primaria foi Martina López Maroñas.
A gañadora do relato de medo do 3º ciclo de Educación Primaria foi Sharay Ferreiro Vila.
Noraboa ás gañadoras e aos gañadores!
CONCURSO DE CABAZAS
Moitas grazas a todas as familias e alumnado do centro por participar con tanta creatividade e ilusión no concurso de cabazas. Detrás delas houbo moito traballo e o resultado á vista quedou.
As cabazas gañadoras foron seleccionadas a través dunha votación na que participaron todos os nenos e nenas do centro. Aínda que todas merecían un premio, soamente se puideron escoller catro, unha por cada ciclo.
A cabaza gañadora de Educación Infantil foi a de Adrián Capelo Torreira.
A cabaza gañadora do 1º ciclo de Educación Primaria foi a de Nayra García Lago.
A cabaza gañadora do 2º ciclo de Educación Primaria foi a de Sara Guillín Suárez.
A cabaza gañadora do 3º ciclo de Educación Primaria foi a de Yanira González Álvarez.
jueves, 7 de noviembre de 2024
OBRADOIROS DE SAMAÍN
Neste Samaín todo o alumnado se xuntou para facer distintos obraidoros: manualidades, xogos, maquillaxe, cociña e baile. En grupos mixtos fomos rotando por todas as estacións desfrutando dun especial e terrorífico día.
![]() |
OBRADOIRO DE MANUALIDADES |
![]() |
OBRADOIRO DE XOGOS |
![]() |
OBRADOIRO DE COCIÑA |
![]() |
OBRADOIRO DE MAQUILLAXE |