viernes, 8 de noviembre de 2024

CONCURSO DE DEBUXOS E RELATOS

 Neste Samaín de medo, non podían faltar os relatos e debuxos terroríficos do noso alumnado. Para valorar a súa creatividade fíxose unha votación onde se escolleu o mellor relato do 2º e 3º ciclo de Educación Primaria e o mellor debuxo terrorífico de Educación Infantil e o 1º ciclo de Educación Primaria.

Aquí vos deixamos as obras gañadoras:

O gañador do debuxo terrorífico en Educación Infantil foi Adrián Anido Rodríguez.

O gañador do debuxo terrorífico do 1º ciclo de Educación Primaria foi Diego Rey Calvo.

A gañadora do relato de medo do 2º ciclo de Educación Primaria foi Martina López Maroñas.

A gañadora do relato de medo do 3º ciclo de Educación Primaria foi Sharay Ferreiro Vila.

 

Noraboa ás gañadoras e aos gañadores!


No hay comentarios:

Publicar un comentario