lunes, 12 de septiembre de 2016

BENVIDA AO NOVO CURSO!! Obradoiros vexetais internivel

Comeza o novo curso e como sempre dámoslle unha agarimosa benvida. Para iso, ademais duns xogos, estivemos participando en distintos obradoiros vexetais internivel. Cómo nos gusta aos peques estar cos grandes e á inversa!
Os obradoiros elexidos foron 4:
- medallóns vexetais
- calcado de follas para creación de fondos
- estampado de follas para a elaboración dunha gran árbore mural
- obradoiro olfativo de distintas plantas
Foi todo moi entretido e pasamos un gran tempo xuntos.


obradoiros de inicio de curso by Slidely Photo Gallery

viernes, 24 de junio de 2016

Documental "25 ANOS DE PEPE DE XAN BAÑA. A pequena historia dunha escola rural"

Pois despois da súa estrea na máis que entrañable festa de conmemoración dos 25 anos do centro, aquí tedes o documental, para que o disfrutedes con calma. Agardamos  que sexa do voso agrado.


jueves, 18 de febrero de 2016

LECTURAS NA SALA CASTELAO. 19 de febreiro


Un entroido dos de antes

Como sabedes, este ano estamos a indagar na historia do noso cole, e polo tanto, nos tempos de antes. Polo que así foi o noso entroido, un entroido dos de antes, cos nosos velliños e velliñas, con coplas satíricas ao Meco que fixeron a ledicia de todos os asistentes, e por suposto, con festa, comida e baile. Un baile tamén dos de antes a base de muiñeiras, pasodobres e mazurcas. Que ben o pasaban antes!