miércoles, 18 de marzo de 2020

Actividades sen pantallas!

Hoxe querémosvos propoñer varias alternativas para enredar un pouco pola casa sen necesidade de empregar ningún aparello dixital. Estas propostas sirven par apotenciar a vosa creatividade ademais de pasar o tempo xuntos en familia:
  • Busca unha foto de cando eras máis pequeno, da túa infancia. Tes bos recordos relacionados con esa foto? Escribe sobre iso. Papás e mamás, podedelo facer tamén e así contarlle algunha anécdota ós cativos e cativas de cando vós erades coma eles.

  • Escolle un xogo de mesa, deses que xa tes controlados e cambialle a regras do xogo. Escribe nun papel como eran antes e como son agora. Probade a xogar e, é maís divertido agora ou antes?

  • Outra proposta e que sexades arquitectos e arquitectas por un día. Debuxade un plano da vosa casa (non ten que ser perfecto). Escribe cal é a túa habitación favorita; aquela na que pasas máis e menos tempo; que lle cambiarías a algunha habitación; ou se engadirías ou quitarías algo da túa casa...

  • Finalmente, podedes ser entrevistadores por un día. Só precisades chamar ós avós e avoas que vivan lonxe, ós primos e primas, ou a algún familiar ou amigo que xa fai que non vedes. Failles unha pequena entrevista e despois redáctaa. Non te lembres de presentar ó teu entrevistado ou entrevistada!

Propostas recollidas do perfil de instagram @whattheteacherlearned

Regletas para todos: familias, alumnado e profes!

No día de hoxe, achegamos un novo pasatempo. Marcos Marrero Cárdenas ofrécenos na súa canle de Youtube un interesante vídeo sobre o uso das regletas nas matemáticas. Non o podedes perder!

O vídeo comezará sobre as 17.30h da tarde e conta cunha duración aproximada dunha hora e media!


martes, 17 de marzo de 2020

RECURSOS LÚDICOS PARA TEMPOS ÚNICOS

Dende o equipo de Biblio e do resto da escola, querémosvos achegar algúns recursos lúdicos para poder pasar mellor o tempo durante esta época de cuarentena e que así sexa máis levadeira.

Para os máis peques propoñemos a película en galego Cocorico:


                          https://www.youtube.com/watch?v=n8zoAcCJaaM&feature=youtu.be

Ademais, para facer en familia, presentamos un Titorial de Origami:



Finalmente, e tamén de xeito online, propoñemos unha serie de contacontos diarios nunha canle de Youtube:





8 de marzo, Día Internacional da Muller

Con motivo da celebración e reivindicación da igualdade entre homes e mulleres polo 8 de marzo, na nosa biblio tiveron lugar dous actos que gardan unha estreita relación con este día tan importante.

O pasado venres día 6 de marzo, tivemos a ocasión de acudir a un contacontos proposto dende o concello baixo o nome Contacontos da Igualdade da man d' A Trastenda dos Contos de Caxoto Contacontos.


Ademais, o luns 9 de marzo, baixo o lema Mulleres en todos os ámbitos rendéuselle unha homenaxe a todas aquelas superheroínas e precursoras que foron as primeiras, ou tiveron grande importancia e relevancia, nos seus campos.


Neste acto, relacionado coa importancia e os dereitos da muller, tamén se fixo referencia a Rosalía de Castro pola celebración no día na súa honra o pasado 24 de febreiro.


martes, 18 de febrero de 2020

Día da Radio

O pasado 13 de Febreiro, con motivo da celebración do Día da Radio tivemos a visita dos compañeiros e compañeiras do CRA Novo Mencer.

Nesta xornada de convivencia, comezouse cunha pequena interacción nas aulas de Infantil a 1º e 2º de Primaria para logo reunirnos todos na biblio para un contacontos.



Despois, cedemos o estudo de radio da nosa biblio para que os nenos e nenas do CRA puideran vivir unha experiencia como auténticos locutores e locutoras grabando o seu propio programa de radio en colaboración cos nenos e nenas de 5º do noso cole.




Grazas pola visita, e volvede cando queirades!



martes, 11 de febrero de 2020

11 de febreiro, Día da Muller e da Nena na Ciencia!

No día de hoxe, 11 de febreiro, celébrase o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Por este motivo, na nosa biblioteca dispuxemos unha exposicións relacionadas con Mulleres Científicas ou que, de ser o caso, tiveron algunha relevancia importante no eido da ciencia.

Ademais, dende cada titoría, presentóuselle ó alumnado unha figura feminina que tivo repercusión na mundo científico ben por seren as precursoras de cara a igualdade entre homes e mulleres.

martes, 4 de febrero de 2020

30 de xaneiro, Día da Paz e a Non Violencia

Con motivo da celebración do Día da Paz e a non Violencia o pasado 30 de xaneiro, na biblio, estivo preparada unha exposición relacionada co tema. Nela, o alumnado podía ler obras que versaban sobre o bo comportamento e as boas accións en prol da paz, así como as biografías dalguns persoeiros relevantes que gardaban unha relación directa coa temática.