Ola
queridos amigos/-as do CEIP Plurilingüe Pepe de Xan
Baña!
Algúns
xa me coñecedes, pero os máis pequenos aínda non. Preséntome, son
o Mago Fuco, o protagonista xunto con todos/-as vós da nosa
máxica biblioteca escolar.
Cada
certo tempo fareivos chegar un aviso ás vosas clases, convidándovos
a achegarvos con diferentes actividades ao mundo das letras. Este
curso, a maxia das letras ensinaravos que foi e é a "emigración".
Un proxecto que leva por título: "Emigrando
con Fuco".
Lembrar
que este mes xa podedes facer un uso activo da biblioteca escolar, no
horario asignado a cada grupo.
Non
esquezades cumprir co protocolo de acceso e uso da biblioteca escolar
e coidar moi ben aos meus amigos... Os
LIBROS.
Ata
pronto!