viernes, 26 de febrero de 2021

Día de Rosalía e Día da Radio

 Cantarte hei, Galicia,

teus dulces cantares,

que así mo pediron

na veira do mare.


 Cantarte hei, Galicia,

na lengua gallega,

consolo dos males,

alivio das penas. 

("Cantares gallegos") 


María Rosalía Rita de Castro foi unha poetisa e novelista que escribiu tanto en galego como en castelán. Está considerada como unha das grandes poetas da literatura española do século XIX. Representa xunto con Eduardo Pondal e Curros Enríquez unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego.

Neceu un 24 de febreiro, polo que esta data está marcada no calendario como o seu día. Para conmemorar dita data dende o centro, propuxéronse distintas actividades. Como un concurso de debuxo e poesía para o alumnado de Educación Primaria, e un concurso de debuxo para o alumnado de Infantil. 




Fixeron unha paisaxe mariña dentro dunha fiestra, simbolizando "Abride a fiestra que quero ver o mar", unha das últimas vontades dela.

Os agasallos foron: un diploma, chapas, e un chaveiro deseñado coa impresora 3D


NORABOA AOS GAÑADORES!


Ademais tamén plantamos uns pensamentos, planta que lle gustaba moito a Rosalía.


Como broche final, o alumnado de 5º e 6º de Infantil, así como de 1º e 2º de Primaria, recitaron uns poemas na radio.



Podedes escoitalos nos seguintes enlaces:

"Airiños, airiños aires" (5º E 6º DE INFANTIL) https://go.ivoox.com/rf/66285033

"Campanas de Bastabales" (1º E 2º DE PRIMARIA) https://go.ivoox.com/rf/66284909



Apertas!


viernes, 12 de febrero de 2021

Entroido 2021!



 Neste ano tan atípico, traballamos o Entroido dende o centro seguindo os mandatos do "Meco" dende cada aula.

- "O LUNS, QUE O ENTROIDO COMEZA, TRAERÁS ALGO NA CABEZA"

- "O MECO, PARA O MARTES, QUÉRENOS ELEGANTES"

- "QUE EMOCIÓN! MÉRCORES DUNHA PROFESIÓN!"

- "MAÑÁ XOVES, O CAMIÑO IMOS ANDAR... 

OS DE INFANTIL, FRECHAS AMARELAS SERÁN, 

SINALARÁN OS DE PRIMEIRO E SEGUNDO

QUE DE CUNCHAS DE VIEIRA VIRÁN.

DESCANSOS FAREMOS EN CADA MOLLÓN

DE TERCEIRO E CUARTO, QUE EMOCIÓN!

E FACENDO CAMIÑO

CON CUNHA E "BASTÓN"

QUINTO E SEXTO PEREGRINOS 

TODAS E TODOS SON."

-"MAÑÁN IDES PREPARAR COUSAS MOI EXTRAVAGANTES. IDESVOS A DISFRAZAR COMO VOS PREFIRADES!"

Podedes ver no seguintes vídeo as distintas actuacións que se realizaron en cada un dos cursos:




Que pasedes un bo Entroido!

jueves, 28 de enero de 2021

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Como cada 30 de xaneiro, chega unha data con gran potencialidade educativa: O Día Escolar da Non Violencia e a Paz, unha ocasión na que nos comprometemos como defensores da paz e o entendemento entre persoas de distinta procedencia e formas de pensar. Conformando o espazo da biblioteca como un auténtico viveiro de cidadanía, un lugar facilitador do diálogo, o debate, a reflexión, a lectura crítica e o acceso á información, no que se promova unha participación activa cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Para iso, levamos a cabo distintas actividades que destacamos posteriormente. 

O alumnado de infantil realizou o mural de "Gotas de Paz"

A nivel centro, e coa colaboración das familias, tendo en conta o PDI relacionado co "Camiño", fixemos as nosas pegadas que levan así cara un "Camiño de Paz".



Ademais, o Mago Fuco fixo unha selección de libros relacionados coa temática da Paz para traballar os valores e a convivencia, así como distintos personaxes representativos. 



Feliz Día da Paz!

martes, 22 de diciembre de 2020

GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS DO CONCELLO DE SANTA COMBA

Esta mañá fíxose a entrega de premios e diplomas na biblioteca do centro, do concurso de postais de Nadal organizado polo concello a:

Enzo Calvo Amarelle

Adrian Gómez Gende

Xabier Pensado Blanco

Jesús Vilar Calvo

Nerea López Romero

Lorena Porteiro Fajín







Parabéns a todas e todos os participantes e especialmente aos gañadores que o fixeron moi ben. Estamos orgullosos de vós.



Actuacións de Nadal!

Deixámosvos no seguinte enlace o vídeo das actuacións de Nadal, deste ano tan atípico. 

Infantil interpretou a canción de "Rodolfo el reno"

1º e 2º interpretaron a canción "Rock dos pastores"

3º e 4º cantaron "Un día de inverno"

5º cantou "Xa chega o Nadal"

6º  interpretou "Tres Reis en bicicleta"

Desexámosvos unhas boas festas!

viernes, 4 de diciembre de 2020

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Onte, 3 de decembro, foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, para conmemorar dito día deixámosvos uns cortos que vos farán  reflexionar. 

Non debemos esquecer nunca que "a discapacidade é a capacidade extraordinaria de ser capaz"

 - The present (el regalo) 

https://youtu.be/_RP1GsCyoAE

- Cuerdas

https://youtu.be/4INwx_tmTKw

- Ian

https://youtu.be/OHma93eZiBY

- Tamara
https://youtu.be/foRUY2l4-3I

- Pip

https://youtu.be/07d2dXHYb94

Saúdos! 


viernes, 27 de noviembre de 2020

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

O mércores conmemoramos o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Para iso, preparamos entre todos os cursos a canción da "Porta Violeta" de Rozalén e gravamos un vídeo cantando. 


Ademais preparamos a nosa "porta violeta" na entrada da biblioteca, cunhas ás de bolboreta. 


Tamén deseñamos unha porta, que posteriormente imprimimos na impresora 3D e repartimos unha por cada clase.

Saúdos!