lunes, 29 de noviembre de 2021

25 N - "Non me engaioles, déixame voar"

Este curso escolar conmemoramos o 25 N, Día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller, a través da literatura e do noso proxecto de centro "Emigrando con Fuco"

A nosa lema partiu da idea das migracións, a liberdade e a procura de oportunidades. Entre todos démoslle o título de: "Non me engaioles, déixame voar".

  • Coa imaxe da gaiola quixemos representar eses fogares e esas relacións que nos oprimen e encérran, escurecendo  a nosa vida. 
  • Os corazóns negros representan todas esas vidas perdidas, así como a idea dunha vida non vivida. 
  • O exterior desa gaiola representa a liberdade, como o voo dun ave. 

Cada grupo-clase elixiu un ave migratoria e caracterizouna coa fotografía do rostro de cada alumno/-a. Algunhas das aves traballadas foron: o mazarico, a andoriña, o cuco, o abejarruco, o avión zapador... 

Este mural é unha pequena mostra do traballo realizado. 









Por outra banda, cada grupo-clase elixiu unha obra literaria para sensibilizar sobre o tema. 

En educación infantil e segundo ciclo de educación primaria a obra elixida foi: "Arturo e Clementina" de Adela Turín

  • En infantil a súa lectura acompañouse de debuxos alusivos á obra. 
  • En terceiro e cuarto de primaria levouse a cabo un programa de radio, analizando o seu argumento e que nos quere transmitir.  Aquí deixámosvos o podcast. 




O alumnado de primeiro ciclo elixiu a obra: "Orellas de bolboreta" de Luisa Aguilar, para tratar o desenvolvemento emocional. Este libro ensínanos como desenvolver unha correcta autoestima e saber facer fronte ás críticas con sentido do humor e enxeño. 

En 5º EP centráronse na obra: "O lapis máxico de Malala" e a relevancia da súa figura, sendo a persoa máis nova en recibir o Premio Nobel da Paz. Tamén estableceron un debate no que xurdiron preguntas como: Por que a cor morada? - vendo as súas orixes a principios do século XX. 

O alumnado de 6º EP decantouse pola obra: "O diario violeta de Carlota", un libro que nos convida a reflexionar e anímanos a continuar a cadea violeta. Por equipos cooperativos tamén levaron a cabo diversas enquisas á comunidade educativa.

viernes, 26 de noviembre de 2021

Poscast de "Arturo e Clementina"

25 N - Lectura de "Arturo e Clementina" 

A ciencia na aula de 5º EP

O alumnado de quinto móstranos o seu experimento, titulado "arco da vella líquido", para mostrar a densidade dos líquidos, facendo unha columna ou torre diferenciada por densidade e cor. 

Con este experimento podemos observar como afecta a densidade á  flotabilidade dos corpos. 

Para levalo a cabo necesitamos: 

  • Mel
  • Xabón líquido ou lavalouzas
  • Auga
  • Aceite
  • Alcol
  • Colorante alimentario

Esperemos que gocedes do vídeo e animédesvos a probar este divertido experimento, vinculado co tema da materia e coa área das ciencias naturais. 








Os científicos de primeiro ciclo

O alumnado de primeiro e segundo de primaria explícanos como reproducir unha erupción  volcánica. 

Só necesitamos estes poucos ingredientes: 

  • Un pequeno vaso refugable
  • Plastilina
  • Bicarbonato de sodio
  • Vinagre
  • Colorante vermello alimentario (opcional)

Estar atentos ao vídeo





martes, 23 de noviembre de 2021

Os científicos de infantil.

Con motivo do mes da ciencia en galego, o alumnado de Educación Infantil animouse  a realizar tres experimentos moi interesantes.

1° Experimento - Tinta invisible con zume de limón.



2° Experimento - Inchar un globo co gas que se produce da reacción dunha base (o bicarbonato) cun ácido (o vinagre).



3° Experimento - Demostrar a capilaridade dos fluídos ou líquidos.
´





Videocontos do Samagosto - 6º E.P.
















jueves, 11 de noviembre de 2021

Novembro - Mes da Ciencia en Galego

 

Con motivo da celebración do Mes da Ciencia en Galego, propuxémonos ensinarvos unha serie de experimentos para comprobar como a ciencia é divertida.






Ao longo do mes, cada grupo-clase realizará un experimento coa súa titora, que será gravado para ser compartido e visto por todos.

Hoxe deixámosvos 4 experimentos realizados polo alumnado de 3º e 4º de educación primaria.

Esperemos que vos gusten e que vos animedes a facelos na casa.


























miércoles, 10 de noviembre de 2021

OUTUBRO E AS CORES DO OUTONO

 

Ola amigos e amigas dos libros!
Despedímonos do mes de outubro e da entrada das cores do outono cunha selección fotográfica de actividades das áreas de Educación artística (plástica) e lingua estranxeira (inglés). Unha forma divertida e orixinal de aprender vocabulario e expresións en inglés.









jueves, 4 de noviembre de 2021

Semana do 25 ao 29 de outubro

Durante a semana do 25 ao 29 de outubro celebramos  o día das bibliotecas (24 de outubro) e realizamos a selección de traballos e entrega de premios do  Samagosto 2021.

Para o día das bibliotecas elaboramos unha árbore, cuxas follas reflectían o que para  cada neno/-a é unha biblioteca. O alumnado de infantil encheu as súas follas de fermosos debuxos e o alumnado  de primaria describiu brevemente a súa idea ou a súa concepción deste espazo.

A continuación recóllense algunhas das súas reflexións, así como unha pequena mostra de como quedou o noso  biblio-árbore.


Para min unha biblioteca é... 

  • ... un lugar para soñar.
  • ... unha viaxe a través das palabras.
  • ... un refuxio entre lecturas. 
  • ... un espazo de creatividade.
  • ...un recompilatorio de coñecementos.
  • ... unha máquina a través do tempo.
  • ... unha realidade inventada.




Doutra banda, tamén fixemos entrega de  marcapáxinas personalizados co nome de cada un dos nosos alumnos/-as, acompañados da imaxe do mago Fuco.


O venres 29 outubro, con motivo da celebración do  Samagosto 2021, fixemos entrega dun diploma de participación a todo o alumnado do centro pola súa contribución a algunha das propostas de actividades realizadas: decoración de cabazas e  mazarocas, deseño de debuxos e/ou redacción dun relato curto sobre o outono, o Magosto ou Samaín.


As cabazas e  mazarocas seleccionadas este curso foron:



As gañadoras ao mellor debuxo, en educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria, foron: Zoe e Luna.

En canto á selección de relatos, estes son os alumnos/-as premiados:
  • 2º ciclo: Diego
  • 5º de Educación Primaria: Izan
  • 6º de Educación Primaria: Isabel