martes, 17 de marzo de 2020

8 de marzo, Día Internacional da Muller

Con motivo da celebración e reivindicación da igualdade entre homes e mulleres polo 8 de marzo, na nosa biblio tiveron lugar dous actos que gardan unha estreita relación con este día tan importante.

O pasado venres día 6 de marzo, tivemos a ocasión de acudir a un contacontos proposto dende o concello baixo o nome Contacontos da Igualdade da man d' A Trastenda dos Contos de Caxoto Contacontos.


Ademais, o luns 9 de marzo, baixo o lema Mulleres en todos os ámbitos rendéuselle unha homenaxe a todas aquelas superheroínas e precursoras que foron as primeiras, ou tiveron grande importancia e relevancia, nos seus campos.


Neste acto, relacionado coa importancia e os dereitos da muller, tamén se fixo referencia a Rosalía de Castro pola celebración no día na súa honra o pasado 24 de febreiro.


martes, 18 de febrero de 2020

Día da Radio

O pasado 13 de Febreiro, con motivo da celebración do Día da Radio tivemos a visita dos compañeiros e compañeiras do CRA Novo Mencer.

Nesta xornada de convivencia, comezouse cunha pequena interacción nas aulas de Infantil a 1º e 2º de Primaria para logo reunirnos todos na biblio para un contacontos.



Despois, cedemos o estudo de radio da nosa biblio para que os nenos e nenas do CRA puideran vivir unha experiencia como auténticos locutores e locutoras grabando o seu propio programa de radio en colaboración cos nenos e nenas de 5º do noso cole.




Grazas pola visita, e volvede cando queirades!



martes, 11 de febrero de 2020

11 de febreiro, Día da Muller e da Nena na Ciencia!

No día de hoxe, 11 de febreiro, celébrase o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Por este motivo, na nosa biblioteca dispuxemos unha exposicións relacionadas con Mulleres Científicas ou que, de ser o caso, tiveron algunha relevancia importante no eido da ciencia.

Ademais, dende cada titoría, presentóuselle ó alumnado unha figura feminina que tivo repercusión na mundo científico ben por seren as precursoras de cara a igualdade entre homes e mulleres.

martes, 4 de febrero de 2020

30 de xaneiro, Día da Paz e a Non Violencia

Con motivo da celebración do Día da Paz e a non Violencia o pasado 30 de xaneiro, na biblio, estivo preparada unha exposición relacionada co tema. Nela, o alumnado podía ler obras que versaban sobre o bo comportamento e as boas accións en prol da paz, así como as biografías dalguns persoeiros relevantes que gardaban unha relación directa coa temática.


jueves, 28 de noviembre de 2019

No Pepe de Xan Baña, tamén somos científicos!

O pasado martes, en conmemoración de Novembro como o mes da ciencia, todo o alumnado da escola se xuntou na biblioteca para ver todos xuntos os vídeos resultantes dos experimentos propostos en cada un dos cursos. O resultado non puido ser mellor: todos emocionados e fascinados pola variedade de experimentos levados a cabo.
Ademais, este día coa posta en común dos vídeos gravados, foi adicado á científica asturiana Margarita Salas.

No seguinte enlace, poderedes acceder ós vídeos que están colgados na páxina web do cole:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippepedexan/?q=node/118#attachments





Os Bolechas van a Santa Comba!

No día de hoxe, o alumnado de Infantil da nosa escola tivo a sorte de recibir en primicia un libro adicado ó noso concello, Santa Comba.
Esta visita foi apadriñada por Cristina Fagín, Concelleira de Cultura, e José Antonio Ucha, Tenente-Alcalde. Ademáis de facer unha breve lectura do novo conto, e con motivo da celebración do 25N, fixeron entrega dunhas pulseras da campaña "En negro contra a violencia de xénero".






lunes, 18 de noviembre de 2019

Novembro: Mes da Ciencia en Galego.

Con motivo de que o mes de novembro é o Mes da Ciencia, o pasado luns na biblioteca propúxoselle a todo o alumnado do centro o reto de levar a cabo unha serie de experimentos, un dende cada titoría.

Estes experimentos serán gravados en vídeo e compartirémolo cos compañeiros e compañeiras do CRA Novo Mencer.

Ademais, na entrada da bibioteca, pódense atopar unha variada colección de exemplares de temática científica para consultar durante os recreos. Lembrade que non se poden emprestar!