martes, 3 de mayo de 2022

Grandes escritores

Durante a nosa quincena do libro, elaboramos dous recompilatorios de textos literarios, uns escritos en prosa e outros en verso.

Os contos e poemas foron elaborados polo alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria. Todos os contos partiron do tema proposto polo Mago Fuco para este ano, contando con protagonistas tan diversos como: obxectos, mascotas, seres fantásticos ou viaxeiros aventureiros.

Os poemas foron de estilo e temática libre, aínda que se en algo coinciden é que a maioría tratan sobre o bo tempo, o verán e o mar.

Agora atópanse ao dispor dos usuarios da biblioteca, nos expositores de entrada.









domingo, 1 de mayo de 2022

Viaxe ao mundo en máis de 80 libros.

Con motivo da celebración da quincena do libro, realizamos unha exposición, á que demos por título:  "Maletas viaxeiras. Viaxe ao mundo en máis de 80 libros."

A pregunta exposta polo noso Mago Fuco era: Se emigrases, que libros levarías contigo?

O resultado ou a resposta á devandita pregunta  foi a elaboración de maletas repletas de títulos e portadas dos seus libros favoritos. Cada grupo-clase realizou unha ou varias maletas, en diferentes estilos e con cores vistosas. Desde a área de inglés tamén se realizaron maletas por niveis educativos.

Esperamos que vos guste a nosa exposición viaxeira e  literaria.
























Yago Espasandín - "A hortiña"

Este venres (29/04/2022), o alumnado de educación infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria puido gozar do contacontos "A  hortiña" de Yago EspasandínCon esta obra, o seu autor e contador, non só puido explicar un pouco que é a "horta viaxeira", senón tratar temas vinculados co medio ambiente.

Esta é unha mostra do ben que o pasamos. 









"Ti si que es un bo peixe"

O mércores (27/04/2022), fomos de excursión a Laxe, para completar a actividade iniciada no centro "Ti si que es un  bo  peixe".

A campaña "Ti si que es un  bo  peixe", é unha das modalidades dentro do programa "Aliméntate ben", e está creado pola Consellería do Mar cun dobre obxectivo: facilitar o coñecemento e o consumo de produtos do mar de Galicia entre os máis  novos.

O alumnado de primaria puido visitar as instalacións portuarias, a lonxa e o Museo do Mar de Laxe. Ao longo da visita, contamos co acompañamento da conselleira do mar (Rosa Quintana Carballo), do alcalde de Laxe (José Luis Pérez Añón), a alcaldesa de Santa Comba (María Josefa Pose Rodríguez) e o patrón maior de Laxe (Manuel Villar Vidal), entre outras figuras destacadas.

Ao final da visita, recibimos unha bolsa con dúas preparacións realizadas a base de peixe e unha sobremesa láctea, que nos serviron para repoñer as pilas antes de coller o autobús de volta.

Aquí temos un resumo fotográfico


















Para máis información sobre o programa, podedes consultar estas dúas ligazóns:


Para acceder á noticia da Voz de Galicia, clicar na seguinte ligazón:


domingo, 24 de abril de 2022

Día Internacional do Libro

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro,  decidimos celebrar a quincena do libro con tres actividades moi especiais. Esta quincena do libro iniciouse o martes 19 de abril e estará vixente ata o martes 3 de maio.

As actividades ás que estamos a dar forma son as seguintes: 
  • Publicación dun poemario, recollendo todas as achegas poéticas do alumnado de Primaria.
  • Publicación dun libro de contos, que gardan relación co tema central deste ano: "Emigrando con Fuco", onde poderemos descubrir que cada historia garda unha viaxe.
Ambos os libros estarán dispoñibles en préstamo na nosa biblioteca, dando a posibilidade de coñecer as composicións escritas doutros compañeiros/-as.
  • Doutra banda, tamén estamos a montar un mural que leva por título: "Viaxe ao mundo en 80 libros",  conformado por varias maletas coa selección de libros que o alumnado levaría para gozar dunhas boas lecturas vacacionais.
Proximamente presentaremos as imaxes das actividades citadas.

"Ponlle as pilas ao teu bocata"

Este mércores (20 de abril do 2022), puidemos gozar do programa "Ponlle as pilas ao teu bocata" da Consellería de Medio Rural e do Mar, coa colaboración da Consellería de Educación. Programa enmarcado dentro do Plan  Proxecta para o fomento dunha alimentación saudable entre a poboación máis nova.


Está iniciativa busca introducir hábitos de vida saudable na escola de forma transversal  e dun modo ameno e didáctico.


Todo o alumnado de Infantil e Primaria recibiu un receitario para a elaboración de bocadillos a base de conservas.


Todos os nenos e nenas tiveron un achegamento ás virtudes das conservas de produtos do mar e puideron ampliar os seus coñecementos acerca das conservas e de todas as posibilidades que ofrecen.






















martes, 19 de abril de 2022

Biblioteca creativa - Formación en Scratch e Makey Makey.

A finais do segundo trimestre, contamos coa compañía de Paola  Guimerans, que nos formou na contorna de programación  Scratch e na placa electrónica  Makey -  Makey.

O alumnado de terceiro, cuarto e quinto gozou das dinámicas da relatora, que os achegou ao mundo do pensamento  computacional, facéndolles ver como a tecnoloxía non é tan complexa e pode ser utilizada de forma creativa,  chegando a  convirtir uns  osiños de  gominola nun piano.