Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro, decidimos celebrar a quincena do libro con tres actividades moi especiais. Esta quincena do libro iniciouse o martes 19 de abril e estará vixente ata o martes 3 de maio.
As actividades ás que estamos a dar forma son as seguintes:
- Publicación dun poemario, recollendo todas as achegas poéticas do alumnado de Primaria.
- Publicación dun libro de contos, que gardan relación co tema central deste ano: "Emigrando con Fuco", onde poderemos descubrir que cada historia garda unha viaxe.
- Doutra banda, tamén estamos a montar un mural que leva por título: "Viaxe ao mundo en 80 libros", conformado por varias maletas coa selección de libros que o alumnado levaría para gozar dunhas boas lecturas vacacionais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario