lunes, 24 de febrero de 2025

CALDO DE GLORIA - ROSALÍA DE CASTRO

 Celebramos o 188 aniversario de Rosalía de Castro elaborando e degustando o seu célebre Caldo de Gloria inspirado no poema "Miña casiña, meu lar" recollido en Follas Novas. Acompañamos este delicioso caldo co tradicional "bolo de pote". 

O noso alumnado estivo na cociña coas cociñeiras Lupe e Carmen detallando os ingredientes do Caldo e vendo como proceder á súa elaboración. Tamén prepararon as mesas cun mantel especial, feito na honra de Rosalía e como homenaxe ao Caldo de Gloria. 

Chegado o momento da degustación, todos os nenos e nenas do centro puideron escoitar con atención o poema de Rosalía para logo poder deleitarse neste manxar tan exquisito. 

Que aproveite amigos e amigas! Feliz día Rosalía!

 

 

viernes, 31 de enero de 2025

A PIZZA DA PAZ ÑAM, ÑAM!

Atendendo ao proxecto Ñam! e á chegada do día da Paz en Educación Infantil puxémonos mans á masa e elaboramos unhas deliciosas pizzas decoradas co símbolo da Paz. Que ricas nos quedaron!

viernes, 17 de enero de 2025

RETO PARA 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: A GRANADA

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria estivo familiarizándose con esta deliciosa froita: a granada. Para iso exploraron a súa textura, morfoloxía e sabor ata chegar a ter a suficiente información para facer a súa representación gráfica. Pero a investigación non quedou aí, indagaron como sementar as sementes e intentar facer sementeiros. 

Foi unha experienca moi enriquecedora á par que divertida!



viernes, 10 de enero de 2025

RETO PARA 3º E 4º DE PRIMARIA: AGASALLO DE NADAL

O Mago Fuco pediulle aos nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria que polo Nadal lle tiñan que facer un agasallo comestible a todo o alumnado do centro.
Con semellante reto tocoulles poñerse mans á obra, polo que comezaron buscando na biblioteca libros de cociña con receitas interesentes. Despois dunha votación cun montón de ideas, escolleron cookies de chocolate.
Para poder elaborala para todo o centro, tiveron que facer unha estimación dos ingredientes, calculando as cantidades axeitadas. Logo fixeron a lista da compra e ao día seguinte puxéronse a cociñar.
Na aula deseñaron as etiquetas que ían levar os paquetiños e por último enbolsaron e etiquetaron todas as galletas.
No día de Nadal repartiron as galletas entre os compañeiros/as do centro.



viernes, 20 de diciembre de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

Neste Nadal busca un conto que che guste e desfruta con el. Aquí vos deixamos unhas pequenas recomendacións lectoras. Clicade no PDF para ver con máis detalle.


lunes, 16 de diciembre de 2024

GALLETAS DO NADAL

Chega o Nadal e metémonos a reposteiros. Cunha pouca masa de follado, crema de avelá, 1 ovo batido e azucre conseguimos estas deliciosas galletas do Nadal. Ñam, Ñam!

 

lunes, 2 de diciembre de 2024

RETO ÑAM 4 INFANTIL: O MILLO

Despois de experimentar coas castañas, o Mago Fuco propúxonos explorar outro alimento propio desta estación: O Millo. Grazas ás nosas familias na escola puidemos contar con varias mazorcas que nos permitiron explorar e descubrir as súas características.

Nun primeiro momento observamos detidamente as súas características utilizando unha lupa para non perder detalle. Logo comezamos a quitarlle a folla e intentar debullar todo o millo. Unha vez rematado algúns decidimos utilizar as follas para facer debuxos e colorear, outros decidimos seguir explorando e facer trasvases cos grans de millo. 

Para rematar e logo de estudar detidamente este cereal, puxémonos a debuxar, sen esquecernos de ningún detalle importante.