lunes, 24 de febrero de 2025

CALDO DE GLORIA - ROSALÍA DE CASTRO

 Celebramos o 188 aniversario de Rosalía de Castro elaborando e degustando o seu célebre Caldo de Gloria inspirado no poema "Miña casiña, meu lar" recollido en Follas Novas. Acompañamos este delicioso caldo co tradicional "bolo de pote". 

O noso alumnado estivo na cociña coas cociñeiras Lupe e Carmen detallando os ingredientes do Caldo e vendo como proceder á súa elaboración. Tamén prepararon as mesas cun mantel especial, feito na honra de Rosalía e como homenaxe ao Caldo de Gloria. 

Chegado o momento da degustación, todos os nenos e nenas do centro puideron escoitar con atención o poema de Rosalía para logo poder deleitarse neste manxar tan exquisito. 

Que aproveite amigos e amigas! Feliz día Rosalía!

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario