Este blog xurde do desexo, por parte do equipo de biblioteca do CEIP PLURILINGÜE PEPE DE XAN BAÑA, de dar a coñecer as actividades que se levan a cabo no centro en torno á biblioteca escolar e en colaboración co resto dos equipos. É un lugar de encontro entre toda a comunidade educativa, no que agardamos as vosas opinións e propostas para a mellora das dinámicas do centro. Benvid@s e agardamos que o disfrutedes!
sábado, 19 de febrero de 2022
As cores de Rosalía
viernes, 18 de febrero de 2022
Obradoiro de radio
11 de febreiro - Ciencia en Feminino
Con motivo da celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia, levamos a cabo no centro diversas actividades.
O alumnado de Educación Infantil realizou un pequeno debate, a partir do visionado do seguinte vídeo (fai clic na imaxe).
O alumnado de 1° ciclo tratou o tema da ciencia en feminino, partindo da lectura de pequenos fragmentos e o visionado de curtos pedagóxicos.
O grupo de 2º ciclo preparou un programa especial de radio, no que fixeron fincapé nalgunhas inventoras.
Fai clic na imaxe para poder escoitar o podcast.
Os nenos e nenas de quinto realizaron unha serie de vídeos defendendo a figura da muller no ámbito científico. Aquí temos unha mostra:
domingo, 6 de febrero de 2022
A PALABRA É PAZ
Ola amigos/- as!
Espero que tiveses unhas boas vacacións de Nadal e que vos incorporarades con moitas ganas ao segundo trimestre, porque se aveciña con moitas actividades.
Como nos meses anteriores, preparamos o noso cartel e o noso expositor cunha selección de libros que de seguro encantouvos.
Este foi o noso cartel especial para o mes de xaneiro, que levou por título: Iguais e diferentes. Eliximos este título integrando o traballo realizado para o concurso da ONCE e o día Mundial da Paz e Non Violencia Escolar, partindo de que vendo só ao outro como un igual e aceptando as nosas diferenzas podemos vivir en paz.
lunes, 20 de diciembre de 2021
Nadal 2021
Para despedir o primeiro trimestre e dar a benvida a estas festas do Nadal, decidimos realizar un festival audiovisual.
Estas son as actuacións do alumnado de infantil e primaria.
jueves, 16 de diciembre de 2021
Entrega de premios do concurso postal 2021
Ademais do accésit de Samuel Mira García, presentámosvos aos seleccionados do Concurso de Postais de Nadal 2021 do Concello de Santa Comba.