viernes, 28 de febrero de 2025

ALIMENTOS, CAMAREIR@S E COCIÑEIR@S PARA O DESFILE DO ENTROIDO

Chegou o día de lucir os disfraces no desfile e así o fixemos! Subimos con moita ilusión ao autubús para ensinar as nosas galas a todo o pobo de Santa Comba. Desfilamos xunto cos nosos amigos e amigas do Ceip Plurilingüe Barrié de la Maza e do CPR Plurilingüe Nuestra Señora Inmaculada. Feliz Entroido!

jueves, 27 de febrero de 2025

RECORDAMOS A ROSALÍA COA CANTAUTORA MJ

A cantautora arzuana MJ visitou o noso centro para deleitarnos coa súa fermosa música, grazas a iso puidemos coñecer de cerca a súa historia e a motivación para loitar polo que lle gusta. Coa súa visita quixemos facer unha pequena a homenaxe a Rosalía de Castro e de paso a tódalas mulleres que perseguen os seus soños.

Grazas pola túa música MJ!

lunes, 24 de febrero de 2025

RADIO FUCO CON ROSALÍA DE CASTRO

Os nenos e nenas de Primaria do noso centro emitiron desde a Radio Fuco da Biblioteca dous podcast en homenaxe a Rosalía de Castro. Escoitade con atención porque aprenderedes moito sobre a nosa grande escritora.

A vida de Rosalía (alumnado de 1º e 2º)





Entrevista con Rosalía (alumnado de 3º,4º,5º e 6º)


CALDO DE GLORIA - ROSALÍA DE CASTRO

 Celebramos o 188 aniversario de Rosalía de Castro elaborando e degustando o seu célebre Caldo de Gloria inspirado no poema "Miña casiña, meu lar" recollido en Follas Novas. Acompañamos este delicioso caldo co tradicional "bolo de pote". 

O noso alumnado estivo na cociña coas cociñeiras Lupe e Carmen detallando os ingredientes do Caldo e vendo como proceder á súa elaboración. Tamén prepararon as mesas cun mantel especial, feito na honra de Rosalía e como homenaxe ao Caldo de Gloria. 

Chegado o momento da degustación, todos os nenos e nenas do centro puideron escoitar con atención o poema de Rosalía para logo poder deleitarse neste manxar tan exquisito. 

Que aproveite amigos e amigas! Feliz día Rosalía!

 

 

viernes, 31 de enero de 2025

A PIZZA DA PAZ ÑAM, ÑAM!

Atendendo ao proxecto Ñam! e á chegada do día da Paz en Educación Infantil puxémonos mans á masa e elaboramos unhas deliciosas pizzas decoradas co símbolo da Paz. Que ricas nos quedaron!

viernes, 17 de enero de 2025

RETO PARA 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: A GRANADA

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria estivo familiarizándose con esta deliciosa froita: a granada. Para iso exploraron a súa textura, morfoloxía e sabor ata chegar a ter a suficiente información para facer a súa representación gráfica. Pero a investigación non quedou aí, indagaron como sementar as sementes e intentar facer sementeiros. 

Foi unha experienca moi enriquecedora á par que divertida!



viernes, 10 de enero de 2025

RETO PARA 3º E 4º DE PRIMARIA: AGASALLO DE NADAL

O Mago Fuco pediulle aos nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria que polo Nadal lle tiñan que facer un agasallo comestible a todo o alumnado do centro.
Con semellante reto tocoulles poñerse mans á obra, polo que comezaron buscando na biblioteca libros de cociña con receitas interesentes. Despois dunha votación cun montón de ideas, escolleron cookies de chocolate.
Para poder elaborala para todo o centro, tiveron que facer unha estimación dos ingredientes, calculando as cantidades axeitadas. Logo fixeron a lista da compra e ao día seguinte puxéronse a cociñar.
Na aula deseñaron as etiquetas que ían levar os paquetiños e por último enbolsaron e etiquetaron todas as galletas.
No día de Nadal repartiron as galletas entre os compañeiros/as do centro.