domingo, 8 de noviembre de 2015

24 de outubro. DÍA DA BIBLIOTECA

O 24  de outubro celébrase o día da biblioteca. Posto que este ano cadraba nun sábado, decidimos trasladalo ao venres 23, e con motivo deste día foron varias as actividades de celebración. 
Por un lado, presentouse o tema das Bibliotecas Escolares de Galicia “BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS”. Rescatamos o escrito no blogue das mesmas:

“O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.”


Con este motivo fixemos unha mesa de exploracións, con distintos agasallos para os nenos e nenas do cole, na que tamén tiveron ocasión de recoller as súas mochilas viaxeiras. 





Como colofón final a este día, o Mago Fuco citounos na sala Castelao para a presentación do proxecto, pero iso xa é tema de outra entrada.

Que día tan emocionante!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario