miércoles, 24 de mayo de 2017

Charla de SOGAPS. Solidaridade galega co Pobo Saharaui

Este ano queremos axudar co noso proxecto. Para iso estamos a organizar unha feira da primavera, resultado do traballo levado a cabo no curso, no que recaudaremos fondos para axudar a que nenos e nenas que precisan axuda poidan ser un pouquiño máis felices. Neste caso concreto, e pola vinculación que une á profe Vane con esta asociación, decidimos axudar á ong SOGAPS, Solidaridade galega co Pobo Saharaui. Para ser un pouco máis conscientes da situación que están a vivir as nenas e nenos deste pobo, viñeron a falarnos da mesma. Unha charla moi interesante que nos achegou a realidades moi distintas ás nosas. Convidáronnos a ser cooperantes, e dixemos que si sen dubidalo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario