martes, 30 de enero de 2018

30 de Xaneiro: Día da Paz

Como cada 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz. Todos e todas os nen@s do colexio nos xuntamos para celebrar este día e preparamos nas nosas clases diferentes actividades para dar a coñecer a súa relevancia.
A continuación dámosvos a coñer todo o que fixemos:
- Os nenos/as de Infantil realizaron un Corazón da Paz onde cada anaquiño do corazón era unha palabra que cada un deles pensou para en relación a este tema.



- A titoría de 1º de primaria realizou unha performance poética titulada Basta xa de tanta guerra!





- Os alumn@s de 2º de primaria construíron un fermoso poema que leva por título A roseira da Paz.


- Os nen@s de 3º de primaria intepretaron dous poemas: Cantarola de Neira Vilas e Non oídes? de Regina Muñiz (autora nada na parroquia de Castriz).



- Os alumn@s de 4º e 5º de primaria recitaron e interpretaron con imaxes feitas por eles o poema Mensaje de Juan Panadero de Rafael Alberti.



- Por último a titoría de 6º de primaria recitou o poema feito por eles na clase o que titularon Un mundo que chora. Ademáis coa colaboración da profe de música a guitarra puxeronlle unha melodía e cantarono.


Para finalizar a conmemoración todos os alumnos cantaron a canción Give Peace a Chance de John Lennon.

E con isto deixamos aquí a nosa mensaxe de PAZ PARA TOD@S!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario