viernes, 21 de diciembre de 2018

Festival de Nadal

OU OU OU!!!!

Chegou o Nadal e este ano dende o noso cole decidimos celebrar o festival de Nadal cantando e bailando dun xeito moi especial. Como as cancións máis típicas deste tempo son as panxoliñas, este ano fixemos un festival de panxoliñas plurilingüe para coñecer aquelas máis típicas de outros países.
Así que deleitamos ao noso público con panxoliñas en galego, en italiano e en alemán vendo persoaxes típicas como o apalpador, os reis magos ou o apalpador! Cada curso deleitounos cunha preciosa panxoliña e cun baile moi particular:







Este ano os alumnos de 6º de EP foron os nosos mestr@s de cerimonias, polo que lles damos as grazas por coordinar e dirixir para que todo saíse perfecto.




Podedes ver aquí o vídeo completo do mesmo:


Para rematar tivemos a visita do mesmo Papa Noel, que viaxou dende Laponia directamente a Traba para ledicia dos máis pequen@s.


E sen máis damos fin ao 2018, un ano que lle trouxo cousas moi boas ao noso cole a espera de que o novo ano nos volva a traer outras tantas.
Todos os membr@s da Comunidade Educativa do CEIP P. Pepe de Xan Baña desexámosvos un Bo Nadal e un próspero Ano 2019!

No hay comentarios:

Publicar un comentario